Despois do seu paso polo CAEP de Soria, a monfortina Sara Díaz recalou na Coruña para iniciar os seus estudos na UDC ao tempo que daba continuidade á súa traxectoria deportiva no equipo de SF2 de Zalaeta. A súa boa formación deportiva e o seu carácter facilitáronlle unha boa integración na Coruña e no ambiente voleibolístico da cidade.
Adaptada ao equipo e á categoría, a súa responsabilidade foi en
aumento, e era esta a tempada na que debía de cobrar maior protagonismo e
dar unha maior achega de puntos ao equipo cando este crecemento se
frustrou por unha lesión que a obrigou a parar mediada a tempada.
Confiamos en que o seu saber estar e tranquilidade axudaranlle na
recuperación.

Balance da tempada. O mellor e o peor.
Considero
que o equipo no seu conxunto fixo unha boa tempada. O resultado logrado
non se esperaba ao comezo desta, e en parte creo que se debe a que este
ano ao non contar con ningunha xogadora destacable notouse o traballo
en equipo. O peor a nivel colectivo foi ese set que nos deixou fóra da
copa princesa; a nivel individual foi a miña lesión en metade da tempada
que me impediu xogar a segunda volta.
O máis destacable é o traballo
en equipo e a cohesión que todo o grupo tivo, as diferenzas de idade
entre as xogadoras non se viron na pista.
Esperabas este rendemento do equipo?
Como dixen anteriormente o equipo non esperaba conseguir a terceira
posición no noso cadro da liga, pero ten visto que con traballo e
espírito se pode lograr un bo rendemento.
Esta ía ser unha tempada na que terías máis protagonismo, a mala sorte en forma de lesión malogrou os resultados persoais?
Si. A lesión impediume xogar a segunda volta. Gustaríame ter podido
recuperarme para rematar a tempada pero como se adoita dicir, son “gajes del oficio”.
En Coruña caeron todos os equipos, Cual é o plus que ten o Zalaeta xogando na casa?
Xogar
na cancha onde adestras todos os días achega certa confianza a todas as
xogadoras do equipo, supoño que ese sería o motivo de peso. A isto
engádeselle a motivación de xogar ante o teu público.
Son de fiar as estatísticas, ata que punto se unha xogadora aparece moitas veces é realmente boa?
A
nivel estatístico existen notables diferenzas entre as dunha cancha e
outra. Non obstante, que unha xogadora apareza constantemente como
destacable da xornada indica que a nivel individual está a conseguir bos
resultados. De todos os xeitos, non debe esquecerse que o voleibol é un
deporte de equipo.
Que porcentaxe de culpa ten o adestrador nos éxitos do equipo? E as xogadoras?
Jorge
dende un primeiro momento esixiunos constancia e compromiso. Na miña
opinión, a seriedade coa que levou os adestramentos cada día vese
reflectida no rendemento que conseguiu o equipo na cancha.
As
xogadoras pola nosa banda respondemos ben ante o que se nos pedía,
traballamos para sacar partidos complicados e a concentración foi clave.

Que ponche dos nervios durante un partido?
Cando
xogas na casa sempre tes a presión de dar o talle ante a xente que vén a
apoiarte. A nivel individual, cada partido é distinto. Adoito poñerme
en tensión nos finais de set axustados, xa que un fallo non forzado
podería darlle unha longa vantaxe ao rival.
Como se compaxinan os estudos cos adestramentos?
Despois
de tantos anos compaxinando deporte e estudos fórmase unha rutina.
Cando as viaxes se acumulan varios fins de semana seguidos ou ben en
épocas de exames, a angustia se fai visible pero nada que non se poida
superar.
Un día de descanso, sen nada que facer a que o dedicarías?
Gústame dedicalo á miña vida social, xa que entre os estudos e o volei esta é un tanto limitada. Ao final moitas veces teño que dedicarllo a poñerme ao día coa carreira e a recuperar horas de sono.