/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 CV TORRELAVEGA 2

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 CV TORRELAVEGA 2

  Emocionante encontro o disputado no Barrio, correspondente á xornada 18 de SF2, no que finalmente o Autos Cancela Zalaeta impúxose ao CV Torrelavega no 5º set, e que lle serve ás locais para continuar na senda da vitoria e conservar a 6ª praza na provisional do Grupo A.

  O partido comezaba ás 19:00 de onte sábado, dirixido polo colexiado Carlos A. Cordeiro Fervenza, e finalizaba cun resultado de 3-2, con parciais 19-25; 25-12; 23-25; 25-20 e 16-14 (108-96).

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Íria González, Cristina G. Bermejo, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Carla Figueroa, Alba Quirós, Susana Suarez, Noa Sánchez, Carlota Vilariño e Sandra Castro. Adestrador Jorge Barrero.

CV TORRELAVEGA: María Segovia, Alba Salazar, Paola García, Inés Laguía, Aroa Sánchez, Noelia Neila, Lida Dacuiña, Vitoria Cubero, Guillenne Vallines e Lola Martínez-Herrera. Adestrador Rubén Piquet.

  Comeza o partido adiantándose no marcador o equipo visitante, iguala o Zalaeta, para ir alternándose ambos os equipos, sucédense parciais de 5-0 ou 0-4, pero as de Piquet van cobrando pequenas diferenzas a medida que avanza o set, e a partir do 17-20 xa está decidido o 0-1. As locais cometen o maior número de erros do partido, nove, e a pesar de ser mellores en ataque, ceden no marcador.

  O segundo set supón a reacción do equipo do Instituto, entran en xogo e logran o mellor parcial do partido. Reivindícanse con intención de sumar 3 puntos no encontro, superan de novo en ataque ao rival e minimizando os erros, soamente 1 no set, e moi ben ao saque, logran a maior diferenza nun set do encontro, 25-12.

  Desta maneira encaramos o 3º, parecía que as de Barrero podían continuar co refacho, adiántase ao principio as de Torrelavega e vanse alternando con diferenzas dun ou dous puntos. As visitantes sabían que se lograban o set, sumaban xa un punto de ouro para elas, e metíanlle presión ás coruñesas. Chegamos igualadas ao final de set, empate a 23 e balón para as locais que regalan o punto ao saque e ven superadas polas cántabras que non desperdician a súa oportunidade, realizando o seu mellor set do partido, cun 54% de eficiencia en ataque,14 puntos e 5 ACES.

  A partir deste intre a presión é para o Zalaeta, non pode fallar se quere puntuar no Barrio diante un rival que está por baixo na clasificación e máis tendo en conta o calendario. Os nervios nótanse, en ambos os conxuntos, e o set comeza, como os anteriores, con igualdade ata que un parcial de 0-5 pon o marcador en 15-19 e dálle ás ás visitantes que chegan ao 17-20, momento no que se produce a reacción do equipo de Barrero. Fanse co saque no punto 18-20 e xa non o deixan ata o final, 8 saques togel hongkong seguidos para un parcial de 8-0 que significa o empate e o pase ao tie- break.

  O desempate é unha continuación do partido, igualdade, nervios e ocasións para ambos os equipos. As de Torrelavega tiveron a súa ocasión na parte final do set, que cun parcial de 0-4 igualaron o marcador a 14 puntos, pero as do instituto finalizaron mellor un set no que foron mellores e máis eficientes en ataque.

 Partido longo e repartición de puntos, cando a priori esperábase que os 3 puntos quedasen na casa, pero non foi posible, o CV Torrelavega quería obter algo positivo no desprazamento, e o rendemento do Autos Cancela Zalaeta non foi como o da anterior xornada, o que deu lugar a un partido intenso e emocionante, de resultado incerto. Nas estatísticas, números parecidos, 60 puntos de ataque para o Zalaeta por 51 do rival, 4 bloqueos por 6, 15 ACES para as locais e 13 para as visitantes. Erros, tamén igualdade, 29-26.

  Catro xogadoras do Zalaeta superaron a barreira dos 10 puntos: Emma Ordoñez 23 puntos, 17 ataques, 2 bloqueos e 4 ACES, válenlle para ser a máxima anotadora do encontro, seguida de Alba Quirós e Carla Figueroa con 17 cada spaceman slot unha e Laura Vázquez 14 puntos. Polo CV Torrelavega, Aroa Sánchez con 20 puntos, seguida de Noelia Neila e María Segovia con 17 puntos.

  Próxima xornada, de novo partido no Barrio, nesta ocasión diante o pechacancelas, Rivas Ciudad do Deporte o sábado 7 de marzo ás 19:00.