/ENTREVISTA CON NICOLAU SANTOS, PRESIDENTE DO CV ZALAETA

ENTREVISTA CON NICOLAU SANTOS, PRESIDENTE DO CV ZALAETA

 

   

  Nicolau Santos, coruñés coñecedor do voleibol
coruñés e xa cun percorrido como directivo, que actualmente ocupa o cargo de
presidente do Club Insituto Zalaeta Voleibol desde xuño do 2014, móvese na
parte escura que todas as asociacións deportivas teñen, as mais descoñecidas
polo público en xeral: o ámbito da xestión. A él nos achegamos nesta ocasión
para tratar de coñecelo e agradecémoslle que nos conte o que acontece na parte
menos visible.

  En primeiro lugar, sentimos curiosidade por saber
qué circunstancias o levan a este posto,
Unhas
cousas levan a outras, cóntanos Nico, e todo empeza seguindo a miña filla no
seu facer deportivo, moitos km. é moitas horas nos polideportivos fan que vaiámonos
coñecendo todos. E un bo día, xa hai bastante tempo, ofrecéronme colaborar co
equipo de Zalaeta, daquela oferta xurdiu a situación actual ao depositar en mín
a súa confianza todos os membros da directiva e invitarme a desenvolver este
cargo, o que me deu pé a cumprir cunha das cuestións que sempre defendín, a
participación e implicación na defensa da práctica do deporte para todos, e
traballar arreo tentando de convencer e demostrar que a relación cos clubs
deportivos, de calquera especialidade, maioritaria ou non, ten que ir máis aló
de acudir a ver os partidos cando os nosos fillos forman parte do equipo, o que
é importante,  pero elo ten que ir
acompañado da implicación a todos os 
niveis no apoio ao club. Esta é a única vía para poder seguir e mellorar
as condicións para a formación tanto deportiva como persoal dos deportistas. Entendo
que cando se xestiona ou desenvolve unha función debe reflectir exclusivamente
o interes polo ben común, afastando calquera outra razón que poida deturpar ese
fin, é algo imprescindible e que non pode adiarse.

Como
exemplo citar unha pregunta que me fixeron os pais dun equipo rival no
Campionato de España en Las Palmas Gran Canaria:

¿Das
xogadoras cal e a túa filla? Ao que respondín que ningunha delas, o que resultoulles
raro pois non entendían ben cal era a razón que podía moverme para estar alí e
aínda mais facer tarefas no club. 
  Como resulta  lidar cun equipo dos
chamados deportes minoritarios como é o voleibol e máis, feminino? Como se
compatibiliza, hai vida mais aló do fútbol?
E
doado respostar , con todos os respectos para os amantes do fútbol, toda a miña
vida transcurriu ao marxe dese deporte, pode resultar raro, ou o raro ser eu,
pero xamais logrou engancharme a pesar dos múltiples intentos feitos polo meu
pai e meus amigos sempre practiquei ou seguín deportes doutro tipo.Con respecto
a levar un club como o noso, non é traballo dunha soa persoa,  é o esforzo de todos os integrantes, ben no
aspecto deportivo ou administrativo. Neste derradeiro caso o traballo esta na
percura dos medios necesarios para que os equipos poidan xogar nas súas
respectivas ligas.
  Como se mantén un club así, responde
a sociedade en xeral, as empresas…
Nestes intres a loita centrase en dous frontes
acadar os acordos coas entidades oficiais –Concello, Xunta de Galicia, …- para
manter os convenios vixentes e por outra banda, tentar de atopar socios
colaboradores –empresas ou particulares- 
que axuden economicamente ao club. E por certo, aproveitando esta fiestra
 convido a todos, xogadoras,
adestradores, familiares, amigos de Zalaeta a aportar o seu grao de area do
xeito que estimen mellor, paseniño farémolo, podendo poñer como meta que cada
un logre un socio colaborador.
  Que relación hai entre os resultados deportivos e a economía dos clubes?
O deporte é o mundo ao envés. Atopas atrancos e
valos dende que nasce o club e mentras non medra, cando  chega a elite  desaparecen e de súpeto a foto enchese de
patrocinadores, colaboradores, …… Os resultados non cabe dubida son
importantes, a mágoa é cando podendo acadar logros deportivos maiores non se
fan pola precariedade económica. Isto é hoxe unha realidade en Zalaeta,
formamos xogadoras dende o deporte base ou escolar, as cales medran coa ilusión
posta en chegar ao máximo nivel, camiño longo e difícil, mais cando chegan,
outras entidades as chaman para militar nos seus equipos, non podendo facer ren
para que sigan connosco, xa que non temos a capacidade para ofrecerlles
parellas condicións.  Por elo unha das
teimas a acadar, crucial, é a de poder rematar o traballo e que todas as que
queiran poidan desenvolver a súa vida deportiva e persoal no Club Instituto
Zalaeta. Polo de agora non queda mais que parafrasear a Castelao: “ O noso
deporte non é noso rapazas”. 
  O formato de competición de RFEVB para esta categoría de dous grupos de 10
equipos con un play-off no que participan so catro equipos reduce a xornadas de
competición e consecuentemente a tempada, é beneficioso para os clubs?
Non, unha liga con mais equipos e unha duración
maior entendo é beneficioso para todos, por numerosas cuestións. Quizais poda
sinalaras mellor o adestrador, mais dende a perspectiva da xestión e
xustificación perante administracións e patrocinadores que achegan a súa axuda
non é de recibo, e un período demasiado curto.
  A participación en diversas competicións de distintos niveis comportan una
representación da cidade, como se reflicten 
nas relacións institucionais?
Non cabe dubida co mellor espello da cidade son os
clubs deportivos e así o esta a ver o Concello o cal nunha reunión recente
anunciou que dende a Concellaría de Turismo, dentro dos seus orzamentos,
contemplará unha cantidade económica para os equipos que levan a marca Coruña
por todos os lugares onde compiten. 
  Recentemente  creouse na Coruña una
asociación de clubs na que figura tamén o CV Zalaeta, con qué obxectivo, como
está composta?
A creación da Asociación – ASOCIACIÓN DE CLUBES
DEPORTIVOS DA CORUÑA
– ACDC, ten un obxectivo básico, quizais animado pola súa
sigla, darlle “Rock´n´roll” ao deporte coruñés, actuar conxuntamente para
mellorar as condicións da práctica do deporte na nosa cidade, mais tendo en
conta que  A Coruña e unha das cidades
onde maior número de persoas práctica deporte, por elo paga a pena que todos
xuntos fagamos o esforzo de que esa realidade medre, tanto en número, como en instalacións
e axudas para a súa práctica.