/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 EXTREMADURA ARROYO 0

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 EXTREMADURA ARROYO 0

 Vitoria sen paliativos do Autos Cancela Zalaeta sobre o Extremadura Arroyo no partido correspondente á xornada 17 de SF2 disputado no Barrio das Flores, onte sábado a partir das 19:00. No encontro dirixido pola colexiada Aroa García, impuxéronse as locais por 3-0 con parciais 25-20; 25-17 e 25-22 (75-59).

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Íria González, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Carla Figueroa, Alba Quirós, Susana Suarez, Noa Sánchez, Carlota Vilariño e Sandra Castro. Adestrador Jorge Barrero.

EXTREMADURA ARROYO: Beatrix Meléndez, María Carrero, Ana Lucas, María García, Yohana Rodríguez, Beatriz Mª. Gómez, Mª. Ángeles Moreno, Isabel Espino, Luana Silva do Nascimento, Mª. Guadalupe Pañero, Isabela C. Cardoso, Desiree Castaño e Eva Cid. Adestrador Adolfo Gómez.

  Vitoria en 3 sets do Zalaeta diante do Extremadura, rival directo nestes momentos na clasificación, que lle serve ás de Jorge Barrero para superar a mala serie que viñan arrastrando nas últimas xornadas.

  Bo partido realizado polas xogadoras do Instituto, moi centradas, que non cederon en ningún momento, e souberon superar os mellores momentos do rival. O bo comezo de partido marcou a tónica do encontro, da que non se apearon nos tres sets sen darlle opción ao Extremadura de lograr algo positivo na cancha do Barrio.

  Moi ben en defensa ao longo do partido, as coruñesas foron superiores en recepción, cunha porcentaxe de efectividade do 71% (logrando un 84% no terceiro set). Tamén foron mellores en bloqueo, 7 puntos e en saque, con 7 ACES. En ataque 39 puntos o 35% de efectividade. Cometeron menos erros que as visitantes, 18 por 22.

  Excelente encontro o realizado polas artilleiras do Autos Cancela Zalaeta, Alba Quirós, 19 puntos, 16 ataques e 3 ACES, e Emma Ordoñez, 12 puntos, 8 ataques, 2 bloqueos e 2 ACES. E 4 bloqueos de Andrea Rivas, 9 puntos. Polo Extremadura Arroyo, Yohana Rodríguez foi a máxima anotadora con 14 puntos, seguida de Luana Silva con 12.

  A derrota do Leganés diante do Arona, e os 3 puntos sumados no Barrio, permiten ao Zalaeta escalar na clasificación á 6ª praza á espera de recibir de novo no Barrio, o sábado 29, ao Torrelavega, que vén de perder o seu partido esta xornada diante do EMEVE, e ocupa a 11ª posición con 11 puntos.