Vitoria do CV Sestao no Barrio que se impón ao Autos Cancela Zalaeta no partido correspondente á 15ª xornada de SF2. O partido comezaba á 19:00 dirixido polo colexiado Carlos A. Cordeiro e finalizou cun resultado de 0-3 con parciais 19-25; 19-25 e 23-25 (61-75).
AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Íria González, Cristina G. Bermejo, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Carla Figueroa, Alba Quirós, Susana suarez, Noa Sánchez Carlota Villarino e Sandra Castro. Adestrador Jorge Barrero.
CV SESTAO: Nerea Izaguirre, Ziortza Tejedor, Ane Briz, Maider Lorenzo, Oihane Gutierrez, Ane Lyuba, Oihane Paskual, Nerea Ruiz, María Larrakoetxea e Nerea Ugalde. Adestradora Paki Blanco.
Comeza o primeiro set moi igualado , ata que un parcial de 0-6 sitúa o marcador en 5-10, desvantaxe que o Zalaeta non pode remontar. Sempre por detrás do rival, cede o 0-1 cunhas estatísticas moi parecidas, pero cometendo máis erros que as de Sestao.
O segundo, como o primeiro, nun momento as do Instituto desaparecen e ceden un parcial de 0-9 que pon o marcador en 9-15 que resulta imposible de remontar, contéñense os erros, pero a eficacia en ataque redúcese á metade, 0-2 no marcador.
Queda unha oportunidade ás coruñesas, aínda poden remontar o partido, as visitantes xa teñen un punto dos 3 en xogo, pero quedan 2 en xogo e o Autos Cancela Zalaeta realiza quizais en mellor set do partido, pero non é suficiente. sempre a remolque das setaotarras, conseguen un empate a 18 puntos pero o rival finaliza mellor set e anótase a vitoria e os 3 puntos en xogo.
Partido frouxo das de Barrero diante un rival que fixo o que tiña que facer, aproveitar slot deposit qris as súas oportunidades, estivo ben en defensa e foi suficiente para superar ao Zalaeta ao que superou en ataque e en eficacia ao saque. As locais parecían loitar contra dous rivais, o Sestao e elas mesmas. Esta derrota non supón alterar a clasificación, continúan na 8ª praza con 18 puntos empatadas con Extremadura e a 1 só punto de Leganés en 7ª posición. O RGC Covadonga en 5ª posición xa abre oco con 23 puntos.
Alba Quirós con 15 puntos , máxima anotadora de encontro, seguida de Emma Ordoñez con 12. Polo CV Sestao Oihane Gutierrez con 14 puntos máxima artilleira do seu equipo seguida de Oihane Paskual con 12 puntos.
Próxima xornada diante do Arona Tenerife Sur, a domicilio, ocasión que deberán de aproveitar as do Instituto para puntuar e tratar de escalar na clasificiación.