/REGRESA O VOLEIBOL FEMININO AO BARRIO

REGRESA O VOLEIBOL FEMININO AO BARRIO

  Regresa o Voleibol Feminino ao Barrio despois dunhas semanas nas que o equipo do Instituto realizase unha serie de partidos consecutivos fóra de casa, por motivos loxísticos, que deron como resultado tres desprazamentos seguidos.

  O Autos Cancela Zalaeta desprazouse a Arroyo de la Luz, a Torrelavega e a Rivas Vaciamadrid, nun periplo no que se deron todos os resultados posibles.

  O enfrontamento diante o Extremadura Arroyo, o 9 de novembro, saldouse cunha vitoria local por 3-1, (15-25; 25-15; 13-25 e 25-12), co que os 3 puntos en xogo quedaron en casa. A seguinte xornada, disputouna o Zalaeta en La Habana Vieja, o pasado día 16 diante o CV Torrelavega, partido no que colleitou 1 punto ao perder pola mínima, 3-2, con parciais 19-25; 25-21; 16-25 e 25-11.

  Finaliza a serie cunha vitoria diante do Rivas Ciudad del Deporte o sábado 23 por 1-3, 20-25; 13-25; 25-21 e 14-25.

  De 9 puntos en xogo, as de Barrero suman 4 puntos que lles permiten manter en todo momento a 5ª posición con 15 puntos, á expectativa dunha clasificación que se alterna nos primeiros postos entre o Arenal EMEVE e o CV Sayre Décimas, mentres REDPISO Torrejón e VP Madrid continúan a loita pola 3ª e 4ª posición.

  Na 8ª xornada o equipo canario Sayre Décimas colócase en 1ª praza despois de derrotar ás lucenses, e este sábado desprázase A Coruña para xogar no Barrio, como líder do Grupo A, o partido correspondente á 9ª xornada.