Tempada 2023 – 2024 de SF2, e van 12 de maneira ininterrompida na segunda división do volei nacional para o Club Instituto Zalaeta Voleibol, desde o ano 2012 en que comezou a súa andaina a categoría despois da remodelación levada a cabo pola RFEVB.
Un club que continúa baixo a dirección do seu presidente Nico Santos e coa colaboración do Instituto Zalaeta, orixe da entidade, conta con Jorge Barrero a cargo da secretaría técnica e como adestrador do primeiro equipo coa inestimable axuda de Fernando Cueto como segundo adestrador, Emilio como preparador físico e José Mª “Chisco” Sánchez a cargo das estatísticas.
O persoal do primeiro equipo está formada polas seguintes xogadoras:
Colocadoras: Patricia Santos (1), capitá, e Cecilia Thon (13)
Líberos: Noa Sánchez (18) e Paula Lorenzo (6)
Opostas: Alba Quirós (4) e Claudia Gómez (2)
Receptoras: Emma Ordoñez (5), María Forteza-Rey (11), Sara Urrea (10) e Tea Andric (3)
Centrais: Eleonora Guzzi (8), Andrea Rivas (7), Inés Rivas (17) e Irene Yáñez (14)
O equipo coruñés compite no grupo A de SF2 que está integrado polos seguintes equipos:
Aceites Abril VoleyOurense, RGC Covadonga, CV Oviedo (Asturias), CV Torrelavega, CD Voleibol Astillero (Cantabria), cvleganes.com, CV Torrejón, VPMadrid (Madrid), Arona LESS4MORE, Fede Ascensores La Laguna (Canarias) e Extremadura Arroyo.