/PRIMEIRA VOLTA TEMPADA 23-24

PRIMEIRA VOLTA TEMPADA 23-24

  Comeza a tempada o Zalaeta coa ilusión de manterse na parte alta de clasificiación, coa vista na quinta posición lograda a tempada anterior e a intención de mellorala. Os obxectivos de xogar Cópa Princesa ao finalizar a primeira volta ou a fase de ascenso ao final da liga serían un premio a un traballo ben desenvolvido que lle pemitira ao equipo do Instituto ocupar unha das dúas primeiras prazas do Grupo A.

 

  Pero para lograr algún deles necesítase sorte e un bo rendemento ao longo de toda a tempada, dúas voltas e 22 partidos.

  Comézase ben o inicio da liga xogando en casa, no fortín do Barrio das Flores, contra o Arona LESS4MORE, equipo canario que a priori se lle considera como equipo para ocupar as primeiras posicións, non é un partido fácil pero véncese pola mínima 3-2 e sumando os dous primeiros puntos. A continuación toca desprazamento a Torrejón para caer derrotadas, aínda que pola mínima, e sumar un só punto.

  Este é un punto de inflexión no que o Zalaeta métese de cheo na liga para enlazar unha serie de 8 triunfos consecutivos, 7 de tres puntos tanto fóra de casa como no Barrio e unha vitoria pola mínima na Coruña ante o Extremadura Arroyo, refacho que lle leva a ocupar a 2ª posición na táboa.

  Finaliza esta primeira volta cun partido ante o líder cvleganes.com que se mantén á fronte da clasificación marcando o ritmo aos demais equipos sen ceder unha soa derrota.

  Tampouco cedería ante as coruñesas a pesar de que as do Instituto puxeron ás madrileñas contra as cordas pero acabaron cedendo o partido e os puntos. A pesar da derrota non ceden na clasificiación a segunda praza e clasifícanse para xogar Cópa Princesa.

  Unha moi boa primeira volta da liga regular, co premio da clasificación para xogar a Copa.