/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 1 REDPISO TORREJÓN 3

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 1 REDPISO TORREJÓN 3

  Derrota do Autos Cancela Zaleta diante o RedPiso Torrejón, no partido correspondente á 11ª xornada disputado no Barrio, o sábado 14. O encontro comezou ás 19:00 dirixido pola colexiada Aroa García, e finalizou cun resultado de 1-3 con parciais 22-25; 25-13; 21-25 e 22-25 (90-88).

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Cristina G. Bermejo, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Carla Figueroa, Alba Quirós, Noa Sánchez e Carlota Vilariño. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
REDPISO TORREJÓN: Raquel Virumbrales, Blanca Izquierdo, Aurora Tur, Jennifer Nieto, Cristina Llorente, Denia

Bravo, Paula Morales, Florencia Tortarolo, Anais Álvarez de Granada e Paula Company. Adestrador Óscar Martín.

  Partido diante o terceiro clasificado que supón a primeira derrota no Barrio despois de permanecer imbatido, toda a tempada 2018-2019 e case a primeira volta da actual.

  Encontro moi igualado, excepto o 2º set no que o Zalaeta impúxose claramente ao rival obtendo a maior diferenza do partido nun set, 25-13. A pesar de comezar por diante no marcador nos demais sets, as coruñesas non puideron finalizar favorablemente e cederon un partido e os tres puntos diante un toto macau rival directo que soubo aproveitar as súas oportunidades para manter a terceira posición na táboa.

  A igualdade na cancha reflíctese nas estatísticas, cuns números practicamente iguais: Zalaeta 46 puntos de ataque e 32% de eficiencia, Torrexón 44 puntos e un 35%, 6 bloqueos cada equipo, 49% de eficacia en recepción do Zalaeta diante o 44% do rival. En saque, 7 ACES para cada equipo e 14 erros para o Zalaeta e 16 para Torrexón. E ademais, ambos os conxuntos cometeron o mesmo número de erros: 31.
  Florencia Tortarolo, do REDPISO Torrejón máxima anotadora do partido con 21 puntos, 18 ataques, 3 bloqueos, seguida de Aurora Tur con 11 puntos.

  Polo Autos Cancela Zalaeta, 4 xogadoras por encima dos 10 puntos: Emma Ordoñez 18 puntos, Alba Quirós, 14, e Carla Figueroa e Eleonora Guzzi, 10 cada unha.