Teresa Álvarez Oria, asturiana de Gijón é unha xoven veterana do voleibol. Formada na canteira de La Calzada,
xa destacou na súa etapa de infantil chegando a xogar un torneo
internacional das Oito Nacións, a súa progresión deportiva lévaa a xogar
en La Curtidora, da veciña cidade de Avilés onde milita en SF2.
Máis tarde os seus estudos esixenlle o traslado á UDC e instálase na Coruña onde continúa practicando o seu deporte e incorporase ao Zalaeta.
O bo carácter desta colocadora e a súa disciplina fanlle doada a
adaptación ao seu novo equipo no que actualmente se encontra
perfectamente integrada.
xa destacou na súa etapa de infantil chegando a xogar un torneo
internacional das Oito Nacións, a súa progresión deportiva lévaa a xogar
en La Curtidora, da veciña cidade de Avilés onde milita en SF2.
Máis tarde os seus estudos esixenlle o traslado á UDC e instálase na Coruña onde continúa practicando o seu deporte e incorporase ao Zalaeta.
O bo carácter desta colocadora e a súa disciplina fanlle doada a
adaptación ao seu novo equipo no que actualmente se encontra
perfectamente integrada.
Balance da tempada. O mellor e o peor.
Creo
que, a pesar de quedarnos a nada da Copa Princesa e da fase de ascenso,
o balance desta tempada foi máis ben positivo. Dende o meu punto de
vista o rendemento do equipo vai ser bo sempre que o ambiente, o
compañeirismo e “facer piña” sexan positivos. Houbo dificultades e malas
semanas que se souberon remediar e iso fixo que ao final, o resultado
fose facernos máis fortes.
Esperabas este rendemento tanto teu coma do equipo?
Sempre
se pode dar un pouquiño máis, pero tivemos unha constancia e compromiso
que fixo que chegásemos onde chegamos. O cansazo sempre vai estar aí
nun equipo composto por xente que traballa ou estuda e non se dedica a
isto (profesionalmente), e tanto grazas ao apoio de cada unha das compañeiras,
así como a esixencia de Jorge foi o necesario para non quedar no camiño.
En Coruña caeron todos os equipos, Cual é o plus que ten o Zalaeta xogando na casa?
Poden ser moitos factores. Cando xogaba en La Curtidora si é verdade que odiabamos cando nos tocaba xogar co Zalaeta, afeitas a unha pista máis pequena non estabamos a xogar cómodas nesta.
A
afección axudou bastante, e creo que sempre que xogabamos na casa,
había en nós unha sensación de seguridade, de saber que é noso pavillón,
o noso sitio, coa nosa afección, e que quen o tiña complicado era o
outro equipo.
Son de fiar as estatísticas, ata que punto se unha xogadora aparece moitas veces é realmente boa?
Se unha xogadora sae sempre de MVP,
tanto xogando fora como na casa está claro que é un punto forte do
equipo. O que non me gusta das estatísticas é que nos fixamos só nas
accións individuais, considérase ás veces un tema individual, cando en
realidade todo o que se consiga ten que ver co equipo enteiro.
Tamén
está o tema, xa tomado a risa, das diferenzas nas estatísticas ou nos
resultados disparatados comparados con outros… Pero eu fiareime sempre
do noso Chisco jaja!
Que porcentaxe de culpa ten o adestrador nos éxitos do equipo? E as xogadoras?
Ao
final somos nós as que temos que cumprir no campo, pero non se ve todo o
que hai detrás. No campo somos o resultado do adestrado e aguantado
anteriormente, do traballado e superado. Ese traballo, esa superación,
evidentemente é grazas aos adestradores que estiveron para darnos o
empuxón cando facía falta, para recordarnos que non se rematou e que hai
que continuar comprometidas cun obxectivo que é común entre todos.
Que che pon dos nervios durante un partido?
Cando
non conseguimos demostrar o que merecemos. Dá moita rabia ter
traballado moito para non o poder demostrarlo porque ese día, por calquera razón, non sae ben o partido. Creo que nós, respecto á animación
durante o partido e a motivación, somos moi irregulares. Tivemos
“partidos tontos”(por chamalos dalgún xeito) que, aínda que tivésemos
ganas de xogalo, aínda que estivésemos motivadas, non se nos vía no
campo así. É cando falta esa motivación, esa animación en cada punto, é
cando peor o paso no partido.
É a primeira tempada que estás en Zalaeta, como foi a adaptación?
Estou
moi agradecida con todo o mundo. Cheguei en Setembro xa empezada a
pretempada e non sabía como ía ser recibida ou como me ía adaptar. Pais,
adestradores, e por suposto xogadoras tratáronme como a unha máis do
equipo dende o primeiro día e ese apoio, ese achegamento e amizade que
me demostraron axudou moito a seguir adiante cando tiña un mal refacho,
ou tiña exames, ou non apetecía ir adestrar ese día. Zalaeta é un equipo moi familiar, e iso é o que me levo deste ano e dos que virán, unha pequena familia e unhas boas amigas.
Como se compaxinan os estudos cos adestramentos ?
Metémonos en terreo pantanoso jaja!
Todo é afacerse a un ritmo de vida. No comezo de curso e no primeiro
semestre custoume bastante adaptarme aos horarios (os meus horarios de
facultade non axudaron) e a chegar á casa tan tarde. Pero unha vez
collida a forma e afeita a ese ritmo todo foi sobre rodas, o curso saíu
perfecto.
Un día de descanso, sen nada que facer a que o dedicarías? que te distrae, que te relaxa…
Recuperar a vida social, jajaja!!.
Quedaba cos meus amigos, e mesmo me sobraba tempo para estudar se me
facía falta. Cando pasaba tantas semanas con moitas clases e
adestramentos sen tempo para nada máis, se me daban un día de descanso
podíame organizar para facer mil cousas. En metade da tempada que había
poucos días de descanso, agradecíanse como auga de maio.