/SEGUNDA VOLTA TEMPADA 23-24

SEGUNDA VOLTA TEMPADA 23-24

Finalizada a competición de Cópa Princesa celebrada os días 12,13 e 14 de xaneiro na localidade de Santa María de Guía, Gran Canaria, que se saldou cun mal resultado para a coruñesas despois de competir no Grupo A con FC Cartagena Algar Surmenor e CVB Barça, o equipo do Instituto regresa a Coruña para centrarse na competición ligueira.

A primeira volta deixara ao equipo con dúas derrotas, diante o Torrejón e o Leganés, e na segunda posición con 1 punto de vantaxe sobre o terceiro clasificado, Extremadura Arroyo e a 6 puntos da cabeza da táboa, o Leganés. Tratábase de defender a posición para poder xogar o play off de ascenso.

 

Comeza a segunda volta a domicilio diante o Arona Less4More de Tenerife co equipo de Barrero querendo deixar de lado a actuación da Copa e endósanlle ás canarias un 1-3 que supoñen os primeiros 3 puntos da segunda rolda. Xornada de cambios na clasificación que lle permiten ao Zalaeta ampliar a súa diferenza a 2 puntos co terceiro, agora CV Torrejón.

É esta a primeira vitoria dun refacho de 10 vitorias de 3 puntos que lle permiten ás coruñesas sumar 30 puntos e serven para manter a segunda posición na táboa tras o Leganés, equipo que tampouco cede un só punto en toda a segunda volta e mantense como líder invicto.

Finaliza a liga co enfrontamento entre os dous primeiros clasificados no Barrio das Flores nun partido que non ía decidir nada pero no que ambos os equipos empréganse a fondo. Ningún estaba disposto a ceder, e nunha cancha repleta de público enfróntanse a matar nun gran espectáculo de voleibol, no que un sensacional primeiro set resólvese cun sorprendente 41-43 favorable ás madrileñas. Remontan no segundo as do Instituto, pero finalmente imponse o Leganés por 1-3 no partido mais emocionante da liga 23-24 para goce da afección coruñesa.