/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 1 ARENAL EMEVE 3

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 1 ARENAL EMEVE 3

  Nova derrota do Autos Cancela Zalaeta que perde no Barrio diante do Arenal EMEVE, líder do Grupo A no partido correspondente á 12ª xornada de SF2, e primeiro da 2ª volta. O derbi comezaba ás 19:00 dirixido polos colexiados José Real e Francisco Barrallo e finalizaba cun resultado de 1-3 con parciais 25-22; 20-25; 21-25 e 19-25 (85-97).

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Cristina G. Bermejo, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Carla Figueroa, Alba Quirós, Susana Suarez, Noa Sánchez e Carlota Vilariño. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

ARENAL EMEVE: Julia Paradela, Paula Lorenzo, Irene Yañez, Laura Villasante, Inmaculada Lavado, María R. Sanjurjo, Sara Urrea, Paula Reija, Aitana Fenández, Tea Andric, Lucía Prol, Inés Rivas, Ainara Burgo, e Lida Figueira. Adestrador José Valle.

  No primeiro set adiántase o EMEVE cun 0-4, pero o Zalaeta recupérase, logra o empate a 8 e cun marcador axustado, as locais logran manter unha pequena diferenza, suficiente para poñer o 1-0. As de Barrero cometen máis erros, pera son superiores en ataque, 14 puntos por 6 o EMEVE.

  O segundo, parecido ao anterior, empate a 8 de novo, e alternancia no marcador ata o empate a 19 puntos a partir do cal as de Valle logran definir mellor e poñen o empate no marcador. No terceiro, máis do mesmo, igualdade, pero a mellor definición das lucenses nos puntos finais, pon o marcador do seu lado e logran o 1-2 que xa lles dá un punto. Imos ao cuarto, e ao cabo o último set do encontro, no que o EMEVE supera o ataque do Zalaeta con 17 puntos diante 7, o que lle vale o partido e os tres puntos en xogo que lle permiten continuar na cabeza da táboa do Grupo A e proclamarse campión de inverno.

  Partido clásico nun derbi tamén clásico, sen un favorito a priori, a igualdade, a emoción e o bo xogo, foron as constantes do encontro, no que a mellor definición na parte final dos sets por parte das lucenses, puxo o marcador do seu lado.

  En ataque, 30% de eficacia e 41 puntos para o Zalaeta, 32% e 43 puntos EMEVE. 10 bloqueos as do Instituto, 12 as de Lugo. En recepción 49% para as de Barrero, 46% as de Valle. En saque, o Zalaeta viuse superado polo rival, cometeu 16 erros e 7 ACES por 9 erros e 12 ACES do EMEVE.

  Polo Autos Cancela Zalaeta, Emma Ordoñez foi a máxima anotadora, tamén do encontro, con 21 puntos, 20 ataques e 1 ACE, seguida de Alba Quirós con 12 puntos, 8 ataques e 4 ACES.

  Polo Arenal EMEVE, 4 xogadoras por encima dos 10 puntos, Lucía Prol 17 puntos, 12 ataques, 3 bloqueos e 2 ACES, 11 puntos Macu Lavado, 10 puntos Irene Yañez e Laura Villasante.

  Con este resultado o Zalaeta pasa á 6ª praza con 17 puntos e vese superado polo Extremadura Arroyo que suma 3 puntos na súa visita a Sestao e ponse na 5ª posición con 18 puntos.