/PARTIDOS DO FIN DE SEMANA

PARTIDOS DO FIN DE SEMANA

LIGAS GALEGAS

  Os equipos de 2ª Div A e Xuvenís xogan a xornada n.º 20 en ambas as dúas categorías, que os enfronta ao Dompa Gestión de Ourense.
 O conxunto ourensán desprázase a Coruña
para xogar este dobre enfrontamento ante o Autos Cancela Zalaeta que terá lugar o sábado día 21 no
Polideportivo do Barrio das Flores, onde comezará o partido de xuvenís
ás 14:30
e está previsto o de 2ª Div A as 16:00.

  O C. I. Zalaeta A de categoría cadete, desprázase a Lugo para xogar a 4ª e 5ª xornada da 2ª Fase de Liga Zonal, Grupo E, onde se enfrontarán ao EMEVE Voleibol Lugo e ao Narón Volea.
 Nestes momentos o equipo do Instituto ocupa a segunda posición, por detrás do Fisio Che Ben S Sadurniño,
o que lles dá opción a pasar á seguinte rolda. O sábado o desenlace,
onde as xogadoras de Mery deberán realizar o seu mellor xogo e poñer en práctica
a experiencia acumulada ao longo da tempada para comezar cunha vitoria
no primeiro partido do día.

C. I. ZALAETA A      Vs   EMEVE VOLEIBOL LUGO  SÁBADO 21, 10:30 CASA DOMINGO DEPORTE
CV NARÓN VOLEA   Vs    C. I. ZALAETA               SÁBADO 21, 15:45 CASA DOMINGO DEPORTE

  En Liga Galega Infantil, o C. I. Zalaeta disputa un dos derbys locais o domingo ante o Calasancias Coruña. Partido complicado para as pupilas de Cristina, pero tamén para os colexiais, xa que a rivalidade do derby pode facer incerto o resultado. O Zalaeta deberá mostrar a súa mellor cara para puntuar na cancha do Instituto,
posto que significarían uns puntos importantes para a clasificación
nuns momentos clave, aproximándose o final da Liga Regular.
 C. I. ZALAETA A      Vs   CALASANCIAS CORUÑA  DOMINGO 22, 17:30 PAVILLÓN I. ZALAETA