RGC COVADONGA: Miriam Diéguez, Cecilia González, Paula Sánchez, Marta Rodríguez, Sarai Delgado, Alba Hernández, Andrea Lorenzana, Lucía Álvarez, Carolina Rodellar, Cristina Chamoso, Teresa Martínez e María Martín.
FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Álvarez, Irene Lamas, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Lydia Alonso, Rocío Durán e Noa Sánchez.
coruñesas nun axustado e emocionante partido con oportunidades para
ambos os dous contendentes, que serve para pechar a fase regular da Liga
cunha vitoria. Bo xogo do Zalaeta que soamente no segundo set perdeu a concentración e cedeu a maior diferenza do encontro. A alternacia no marcador, nun encontro de case 2 horas, dános a imaxe dun partido moi igualado, no que a xogadora do Grupo Cristina Chamoso foi a máxima artilleira do partido con 28 puntos. Por parte do Zalaeta, a central Lydia Alonso con 18 puntos, 5 bloqueos, máxima anotadora, seguida da oposta Irene con 14 e da tamén central Andrea con 10, 4 bloqueos.
“Último partido do curso 2014/2015, cun emocionante 2-3 en Gijón, unha cancha sempre difícil. Chegamos ante o RGC Covadonga que se xogaba ascender á cuarta posición da clasificación nesta última xornada. Saíu o Grupo bastante fallón
sobre todo dende o saque, o que nos deu a posibilidade de conseguir un
primeiro set no que o Grupo contou con 2 bolas de set que non logrou
realizar para gañar o primeiro. No segundo set as asturianas lograron
plasmar o seu mellor xogo de todo o partido e conseguiron a vitoria
nesta manga coa maior diferenza ao seu favor. O ataque polas puntas
estaba a ser o seu principal argumento, e en certas fases do partido
estábanos a custar paralas. Estábase a tornar un partido no que o noso K-2
non lles estaba a facer dano e só eramos capaces de paralas co bloqueo.
O terceiro set volveu caer do noso lado grazas a ter podido saír máis
veces polo medio coas nosas atacantes. O cuarto set foi o máis disputado
do partido pero un mal inicio nos impediu ter máis opcións e
conseguir os tres puntos. O quinto set foi o máis igualado de todos,
tendo unha vantaxe máxima ao noso favor de 3 puntos e no que fallos
puntuais de Gijón dende o saque, nos
favoreceron moito para afianzar a vitoria, a décimo cuarta da tempada, e
sumar 41 puntos, unha cifra que a principio de tempada posiblemente
veriamos moi difícil de alcanzar.
Resumo de Fernando Cueto.
RESULTADOS LIGAS GALEGAS.
Desprazamento a Pontevedra o sábado para xogar tres partidos ante o CV Pontevedra.
Ás 10:00 comezaban os partidos, xogábase no Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra, en primeiro lugar o partido, aprazado no seu día, de Liga Galega Infantil:
CVP GÓMEZ LOR MULTIÓPTICAS 1 C. I. ZALAETA 3
Ás 12:00, encontro de Liga Galega de Xuvenís con outra vitoria para as coruñesas:
CVP ALIANZA ESPAÑOLA DE SEGUROS 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3
Para finalizar a xornada ás 19:30 co partido de 2ª Div A:
CVP ALIANZA ESPAÑOLA DE SEGUROS 2 AUTOS CANCELA ZALAETA 3
O equipo de Cadetes xogaba hoxe domingo os partidos correspondentes a xornada dá a 2ª Fase da Liga Zonal na que están encadradas no Grupo E, que a xeito de liga a dúas voltas, se celebraban no Pavillón do Instituto.
Con sorte desigual, unha vitoria e unha derrota, enfrontábanse pola mañá ao CV Narón Volea, ante o que nun bo encuentroo as xogadoras de Mery
obtiñan unha traballada vitoria na que o primeiro set foi a clave para o
desenvolvemento do partido e no que as locais lograron remontar e
levarse o primeiro parcial nun longo e disputado set. Pola tarde o
partido ante o Fisio Che Ben San Sadurniño, conxunto que se está a mostrar como o rival a bater neste Grupo E, as do Instituto non encontraron recursos para o enfrontamento e caeron derrotadas.
C. I. ZALAETA 3 CV NARÓN VOLEA 0
C. I. ZALAETA 0 FISIO CHE BEN SAN SADURNIÑO 3