/RESULTADOS: RGC COVADONGA 2 FISIOMÁSZALAETA 3

RESULTADOS: RGC COVADONGA 2 FISIOMÁSZALAETA 3

  O FisiomásZalaeta pecha a Liga de SF2 con vitoria a domicilio ante o RGC Covadonga nun igualado partido a cinco sets: 2-3.
  Finaliza a Liga Regular de SF2 con desprazamento do equipo de Jorge Barrero ao Braulio García de Gijón para enfrontarse ao equipo titular, o RGC Covadonga.  O encontro dirixido polo colexiado Teófilio Guijarro comeza á 18:00 e cunha duración de 01 h 57 minutos, finaliza cun resultado de 2-3, con parciais: 24-26; 25-15; 21-25; 25-23 y 12-15. Adestradores, local Saúl Pérez e visitante Jorge Barrero.

RGC COVADONGA: Miriam Diéguez, Cecilia González, Paula Sánchez, Marta Rodríguez, Sarai Delgado, Alba Hernández, Andrea Lorenzana, Lucía Álvarez, Carolina Rodellar, Cristina Chamoso, Teresa Martínez e María Martín.

FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Sofía Álvarez, Irene Lamas, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Lydia Alonso, Rocío Durán e Noa Sánchez.

 

  Excelente vitoria das
coruñesas nun axustado e emocionante partido con oportunidades para
ambos os dous contendentes, que serve para pechar a fase regular da Liga
cunha vitoria. Bo xogo do Zalaeta que soamente no segundo set perdeu a concentración e cedeu a maior diferenza do encontro. A alternacia no marcador, nun encontro de case 2 horas, dános a imaxe dun partido moi igualado, no que a xogadora do Grupo Cristina Chamoso foi a máxima artilleira do partido con 28 puntos. Por parte do Zalaeta, a central Lydia Alonso con 18 puntos, 5 bloqueos, máxima anotadora, seguida da oposta Irene con 14 e da tamén central Andrea con 10, 4 bloqueos.

  «Último partido do curso 2014/2015, cun emocionante 2-3 en Gijón, unha cancha sempre difícil. Chegamos ante o RGC Covadonga que se xogaba ascender á cuarta posición da clasificación nesta última xornada. Saíu o Grupo bastante fallón
sobre todo dende o saque, o que nos deu a posibilidade de conseguir un
primeiro set no que o Grupo contou con 2 bolas de set que non logrou
realizar para gañar o primeiro. No segundo set as asturianas lograron
plasmar o seu mellor xogo de todo o partido e conseguiron a vitoria
nesta manga coa maior diferenza ao seu favor. O ataque polas puntas
estaba a ser o seu principal argumento, e en certas fases do partido
estábanos a custar paralas. Estábase a tornar un partido no que o noso K-2
non lles estaba a facer dano e só eramos capaces de paralas co bloqueo.
O terceiro set volveu caer do noso lado grazas a ter podido saír máis
veces polo medio coas nosas atacantes. O cuarto set foi o máis disputado
do partido pero un mal inicio nos impediu ter máis opcións e
conseguir os tres puntos. O quinto set foi o máis igualado de todos,
tendo unha vantaxe máxima ao noso favor de 3 puntos e no que fallos
puntuais de Gijón dende o saque, nos
favoreceron moito para afianzar a vitoria, a décimo cuarta da tempada, e
sumar 41 puntos, unha cifra que a principio de tempada posiblemente
veriamos moi difícil de alcanzar.


Resumo de Fernando Cueto.

 

……………………………………………………………………………………………………………………………………………….

   RESULTADOS LIGAS GALEGAS.

  Desprazamento a Pontevedra o sábado para xogar tres partidos ante o CV Pontevedra.
  Ás 10:00 comezaban os partidos, xogábase no Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra, en primeiro lugar o partido, aprazado no seu día, de Liga Galega Infantil:

             CVP GÓMEZ LOR MULTIÓPTICAS  1  C. I. ZALAETA  3

  Ás 12:00, encontro de Liga Galega de Xuvenís con outra vitoria para as coruñesas:

            CVP ALIANZA ESPAÑOLA DE SEGUROS  1 AUTOS CANCELA ZALAETA  3

  Para finalizar a xornada ás 19:30 co partido de 2ª Div A:

            CVP ALIANZA ESPAÑOLA DE SEGUROS  2 AUTOS CANCELA ZALAETA  3

 

  O equipo de Cadetes xogaba hoxe domingo os partidos correspondentes a xornada dá a 2ª Fase da Liga Zonal na que están encadradas no Grupo E, que a xeito de liga a dúas voltas, se celebraban no Pavillón do Instituto.
  Con sorte desigual, unha vitoria e unha derrota, enfrontábanse pola mañá ao CV Narón Volea, ante o que nun bo encuentroo as xogadoras de Mery
obtiñan unha traballada vitoria na que o primeiro set foi a clave para o
desenvolvemento do partido e no que as locais lograron remontar e
levarse o primeiro parcial nun longo e disputado set. Pola tarde o
partido ante o Fisio Che Ben San Sadurniño, conxunto que se está a mostrar como o rival a bater neste Grupo E, as do Instituto non encontraron recursos para o enfrontamento e caeron derrotadas.

                    C. I. ZALAETA  3   CV NARÓN VOLEA  0

                      C. I. ZALAETA  0   FISIO CHE BEN SAN SADURNIÑO  3

 

ETIQUETAS: