/PRÓXIMA XORNADA

PRÓXIMA XORNADA

SF2 

 O equipo de Jorge Barrero recibe a visita do Feel Volley Alcobendas de SF2
no Barrio da Flores despois dun excelente refacho de catro vitorias en
catro partidos, que o deixan comodamente situado en terceira posición.
  No
partido do sábado as coruñesas esperan continuar co refacho e lograr os
puntos en xogo e así se resarcir do 3-0 encaixado na ida, e que supuxo a
primeira derrota na liga para o Zalaeta.
  O Feel Volley Alcobendas é un equipo formado por xogadoras novas da canteira local e reforzado con xogadoras como a receptora Lavrisha, a central Sacha Byous ou a colocadora Mayra Vázquez, o que o converte nun equipo perigoso. Quinto na clasificación, empatado co CAEP, tratará de puntuar para desfacer este empate.
  “Se mantemos o nivel mostrado durante este mes, nos di J. Barrero,
poderemos realizar un bo partido, e aí radican as nosas posibilidades
ante un equipo novo pero coa importante participación de xogadoras como Lavrisha ou a colocadora venezolana Mayra Vázquez que realizou un bo partido cando xogamos en Alcobendas. “

      FISIOMÁSZALAETA   Vs   FELL VOLLEY ALCOBENDAS    SÁBADO 21,   19:00  BARRIO DAS FLORES

2ª DIV. A

   O Autos Cancela Zalaeta
ten xornada de descanso nesta categoría, cando ocupa a terceira
posición cunha vantaxe de 8 puntos sobre o seu inmediato perseguidor, o Calasancias, que non fan perigar o seu posto na táboa.

 
XUVENÍS

  O equipo xuvenil de enfrontarase ao CV Ribeira Sacra de Monforte, 5ª clasificado, nun encontro no que a vitoria será necesaria para continuar ao mando da clasificación, polo que as do Autos Cancela Zalaeta non terá que deixarse sorprender polo xoven equipo de Monforte.


 AUTOS CANCELA ZALAETA  Vs  CV RIBEIRA SACRA  DOMINGO 22, 10:00 PAVILLÓN ZALAETA

 INFANTÍS

  O equipo infantil de Liga Galega terá unha dobre xornada este fin de semana, por unha parte enfrontarase ao Ibericar Turbo Tracción Xuvenil Teis en partido correspondente á xornada n.º 17, e o domingo xogará o partido que tiña pendente co CV Ribeira Sacra. As xogadoras do Instituto tratarán de sacar algo positivo destes enfrontamentos para mellorar a súa clasificación.
    C.I ZALAETA   Vs  IBERICAR XUVENIL TEIS   VENRES 20,   19:30   PAVILLÓN ZALAETA
    C.I ZALAETA   Vs  CV RIBEIRA SACRA        DOMINGO 22,   12:00  PAVILLÓN ZALAETA

 CADETES

  En canto aos equipos cadeteS de Liga Zonal Grupo A, o C I Zalaeta B xogará o venres ante o Xiria, un partido aprazado no seu día, no Instituto. Encontro complicado, xa que o rival ocupa a segunda praza, pero o Zalaeta terá que facer valer o factor cancha para tratar de puntuar.
O C I Zalaeta A desprazarase a Boiro para enfrontarse ao C.V.A.B. en partido que a priori resultará máis alcanzable ao renderlle visita ao último da clasificación.

     C. I. ZALAETA B  Vs   XIRIAVOLEI     VENRES 20,   17:30   PAVILLÓN ZALAETA
     C.V.A.B.   Vs   C.I ZALAETA A          SÁBADO 21,  17:00   P.M BARRAÑA