/PARTIDOS DE LIGA DO FIN DE SEMANA DÍAS 7 E 8

PARTIDOS DE LIGA DO FIN DE SEMANA DÍAS 7 E 8

SF2

  Dous partidos este fin de semana de SF2, os que imos ter no Barrio. O FisiomásZalaeta enfróntase o sábado ás 19:00 ao C.V. Torrelavega, primeiro clasificado, e o domingo ás 12:00 ao Red Piso C.V. Torrejón co que ten un partido aprazado.
  As cántabras virán a Coruña con intención de defender o liderado da categoría do acoso do Fígaro Haris, para o que necesitan a vitoria, e ao mesmo tempo gañar un posto para xogar o play off de ascenso. “No partido de ida gañáronnos 3-1, comenta o adestrador Chisco Sánchez,
pero estivemos a punto de forzar o 5º set, fixemos un bo partido a
pesar do resultado, o sábado teremos que xogar ben e ver cal é o
rendemento do Torrelavega, un equipo que xoga moi ben coas súas centrais e fai moito dano polo centro,”.

  O domingo recibimos ao Torrejón, que tamén dobra a xornada despois de xogar o sábado en Teis co Xuvenil, equipo do que o separa soamente un punto, ambos os dous na parte baixa da táboa. En Coruña o partido será diferente, e estará condicionado polos resultados do día anterior. “Na xornada anterior, continúa Chisco, xogamos ben, sobre todo ante o CAEP, mantendo o nivel non debemos de ter moitos problemas”.
  O equipo de Jorge Barrero
ocupa a terceira praza, cun partido menos que os equipos que lle
preceden ou que lle seguen, e cunhas diferenzas que lle farán conservar a
posición suceda o que suceda, polo tanto todo o que se poida facer,
será mellorar, restar diferenzas.
2ª DIV A
 
   Xornada n.º 16 a que enfronta ao Autos Cancela Zalaeta co X.A.V. Cambados o Sábado
día 7 no Barrio da Flores as 16:00
    Sobre o papel será un partido no
que as do Instituto deben de sumar os puntos en xogo ante as de Cambados se nos atemos aos postos que ocupan cada equipo na clasificación, na que o Zalaeta ocupa unha cómoda terceira praza e así seguirá con calquera resultado que se dea.

LIGA GALEGA XUVENIL
 
   Nesta categoría, tamén xornada n.º 16, o Autos Cancela Zalaeta recibe a visita do C. V. Santiago
no Pavillón do Instituto Zalaeta o domingo día 8 ás 17:00, nun encontro no que
deberá de defender o liderado da categoría. A renda dun punto sobre o
segundo clasificado, o VoleyOurense, require dunha vitoria o domingo
para manterse.

LIGA ZONAL CADETE, GRUPO A

 
   O C.I Zalaeta B xoga o seu partido na casa, recibe o XiriaVolei o sábado ás 11:30 no Pavillón do Instituto Zalaeta.
   Rival directo na clasificación, unha vitoria das xogadoras de Mery supoñería un paso adiante na clasificación.

   Nesta xornada, apraza o seu partido o C. I. Zalaeta A ante As Mariñas Oleiros como tamén ten xornada aprazada o C. I. Zalaeta de Liga Gallega Infantíl que xogaba co VoleyOurense.