SF2
Regresa o Voleibol ao Barrio das Flores. Despois de iniciar a segunda volta cun desprazamento a Tenerife, o FisiomásZalaeta volve xogar na casa nun fin de semana cun dobre enfrontamento, o sábado ás 19:00 ante o Duero Proyel Rivas C. Deporte e o domingo ás 12:00 ante o CAEP Soria.
Se complicado foi o arranque de ano deportivo para as pupilas de Jorge Barrero con partido fose de casa e ante un potente rival como o Haris,
non menos intenso se presenta este fin de semana cun dobre
enfrontamento, aínda que coa vantaxe nesta ocasión de facelo na casa,
sen desprazamentos e na cancha habitual ante a súa afección.
O partido do sábado é co colista, ante o que non caben despistes, pois o equipo de Rivas Vaciamadrid virá buscando a súa primeira vitoria e sería conveniente que non estrease a súa cuadrícula na Coruña e o equipo local conseguise os puntos en xogo, tendo en conta que outro partido da xornada é o que enfronta ao Torrelavega co Haris,
daquela primeiro e segundo clasificados, o que permitiría ás do
Instituto afianzarse na terceira posición sen depender doutros
resultados.
Sete vitorias e tres derrotas é a bagaxe do FisiomásZalaeta
que tratará de ampliar tamén o domingo noutro encontro quizais máis
complicado que o do sábado, cando se recibe a visita do sempre perigoso CAEP formado polas xogadoras da selección española júnior e da Concentración Permanente. O Soria vén de gañarlle a anterior xornada precisamente ao Rivas cun axustado marcador, e con cinco vitorias ocupa a 6ª praza, xogará o sábado en Vigo e tratará de adiantar na clasificación ao Grupo de Gijón que se a xoga no derby asturiano ante La Curtidora.
Non
hai novidades no equipo coruñés que adestrou normalmente esta semana
para alcanzar un grao óptimo de competición que lle achegue aos seus
mellores momentos para manter ou mellorar esa terceira posición que
ocupa agora mesmo na táboa.
2ª DIVISIÓN A
O sábado enfróntanse o Autos Cancela Zalaeta e o CV Bruxas,
nun encontro no que o equipo do Instituto non debe de ter problemas
para manter a terceira posición da táboa. O partido dará comezo o sábado ás 16:00 no Barrio das Flores.
nun encontro no que o equipo do Instituto non debe de ter problemas
para manter a terceira posición da táboa. O partido dará comezo o sábado ás 16:00 no Barrio das Flores.
XUVENíS
O Autos Cancela Zalaeta xoga o seu partido correspondente á xornada nº
14 en casa ante o IES Ames. O partido, o sábado ás 12:30 no Pavillón do Instituto
Zalaeta, no que o equipo local deberá de puntuar para manter o liderado
da categoría.
CADETES
O equipo C. I. Zalaeta A apraza o seu partido desta xornada, mentres o C. I. Zalaeta B desprázase a xogar o partido correspondente á xornada n.º 10, da Liga zonal Grupo A, a Narón ante o Narón Volea. O partido será ás 16:30 do sábado no Polideportivo As Lagoas.
O autobús de AUTOS CANCELA que realizará o desprazamento, sairá como é habitual dende o Instituto Zalaeta ás 14:30 do sábado día 24.
Boa viaxe e sorte!!
LIGA GALEGA INFANTIL
O equipo infantíl C.I. Zalaeta de Liga Galega viaxa a Cambados para enfrontarse ao XAB Cambados no Pombal
o próximo domingo día 25 ás 11:00. Partido complicado ante o terceiro
clasificado, ante o que conseguir unha vitoria sería importante e faría
avanzar postos na clasificación.
O autobús de AUTOS CANCELA que levará ao equipo a Cambados, sairá do Instituto Zalaeta o domingo ás 08:45.
Boa viaxe e sorte!!
Boa viaxe e sorte!!