SF2
Comeza a segunda volta de SF2 cun enfrontamento ao máis alto nivel para o FisiomásZalaeta ante en Figaro Haris Tenerife segundo clasificado do Grupo A e brillante vencedor da Copa Princesa.
Mañá venres inicia o desprazamento a Tenerife o equipo coruñés, con saída dende o Aeroporto de Alvedro, e de onde regresará domingo 19. O partido será o sábado 17 ás 18:00, hora local, no Pabellón Islas Canarias de Tenerife.
Espérase un partido complicado para ambos os dous equipos, perseguidores do primeiro clasificado, o Torrelavega, que regresan dunha actividade diferente cada un dos dous conxuntos. O Haris
vén de proclamarse vencedor da Copa Princesa despois dun gran fin de
semana no que se enfrontou e derrotou aos líderes do ambos os dous
grupos de SF2, na semifinal desfíxose do Voley Playa Madrid e na
final impúxose ao Torrelavega cunha destacada actuación da oposta de Sada, Patricia Suarez que foi proclamada MVP
do Torneo. O conxunto coruñés pola súa banda dispuxo dunhas longas
vacacións nas que primou o adestramento pero no que relaxou o seu nivel
de competición. Para Jorge Barrero será un partido difícil “o Haris
reforzouse moito ao longo da primeira volta fichando unhas xogadoras
que demostraron o seu gran nivel de xogo, ao mesmo tempo que outras como
Patricia está a alcanzar un gran nivel de
forma como demostrou na final da Copa. Encontrarémonos cun equipo moi
competitivo e nun bo momento ao que trataremos de opoñerlle un xogo
ordenado, en bloque e sen fisuras, o noso obxectivo será puntuar”.

………………………………………………………………………………………………………………………………………………
2ª División A, Autos Cancela Zalaeta,
xornada de descanso. O equipo do Instituto ocupa a terceira praza da
clasificación quedando á espera doutros resultados, en particular do
partido que enfronta ao VoleyOurense con Calasancias Coruña, primeiro e cuarto clasificados respectivamente.
Liga Galega Xuvenil Feminina, desprazamento do Autos Cancela Zalaeta a Noia para xogar ante o Fisioterapia Cinesia Noia no Alonso Rodríguez
a partir das 18:30 do sábado día 17. O obxectivo é a vitoria para manter a primeira
posición da táboa nunha xornada na que os equipos de cabeza se enfronta
entre si: EMEVE – Xuvenil e Calasancias – Ourense.
En Liga Galega Infantíl Femenina, o C.I Zalaeta apraza o seu partido ante o CV Ribeira Sacra de Monforte.
Liga Zonal Cadete, Grupo A, xornada n.º 8 cos dous equipos do Instituto xogando na casa os seus respectivos compromisos, ás 10:30 ao C.I Zalaeta B enfróntase ao C V Padrón e ás 12:00 o C.I Zalaeta A xogará contra o CV Narón Volea, ambos os dous partidos no Pavillón do Instituto Zalaeta o sábado día 17.