/RESULTADOS DA XORNADA DO FIN DE SEMANA.

RESULTADOS DA XORNADA DO FIN DE SEMANA.

  O domingo pola mañá xogábase no Pavillón do Instituto Zalaeta, e o primeiro partido era o de Liga Galega de Infantís que enfrontaba aos equipos C.I Volebol Zalaeta con As Mariñas Oleiros, que dirixido polo colexiado Marcos Folgar comezaba ás 11:00 e finalizaba cun resultado de 3-0 con parciais 26-24; 25-19 y 25-10. Adestradores, local Cristina e visitante Villanueva e Fernández.

  C.I. VOLEIBOL ZALAETA:  Claudia, Inés,
Noelia, Paula, Íria, Lucía, Ainhoa, Celia, Cecilia, Andrea y Guenoa.

  AS MARIÑAS OLEIROS: Edreira, Bernot, Sarjona, couceiro, Riveiro, Carreira,
Hoya, Santanbaya y Vilariño.

  Bo
partido do equipo local para comezar o ano, e mellor resultado ao
impoñerse a un rival directo e recortar diferenzas. Cun primeiro set
complicado que finalizou moi axustado, 26-24, o equipo do Instituto
domino o encontro dende o principio, e foi impoñendo o seu ritmo pouco a
pouco logrando maiores diferenzas no marcador. Bo xogo das xogadoras de
Cristina que van mostrando os avances
logrados a base de constancia, estiveron ben ao saque e lograron
ganduxar boas xogadas de ataque dando cada vez menos opcións ao rival de
cara lograr o obxectivo de manter a categoría.
   A próxima xornada, de novo na casa, ante un rival a priori complicado, o C.V. Ribeira Sacra de Monforte.
…………………………………………………………………………………………………………………………………………….

  Victoria do Autos Cancela Zalaeta ante o Calasancias Coruña na categoría de Xuvenís
no segundo derby do fin de semana. Bo ambiente no Pavillón do Instituto
para presenciar este encontro que comezou ás 12:30 dirixido polos
colexiados M. Folgar e N. García e que cunha duración de 01 h 07 m finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-17; 25-14 y 25-12. Adestradores, local D. Hermida e visitante C. Suarez.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Andrea Rivas, Paula Lema, Noemí Vázquez, Alba Quirós, Inés Rivas, ana Calvo, Susana suarez, Raquel Rey, Nerea Tabeayo e Lidia Gudge.
CALASANCIAS CORUÑA: Castro, Santiago, Salgueiro, De La Fuente, Domínguez, Piquer, Dorta, Espiñeira, Respino, Reverte, Souto e López.

  Non foi un partido doado a pesar da diferenza no marcador, o Zalaeta
foi superior, pero non debía de perder a concentración nun encontro no
que foron de menos a máis. O equipo local, cun inicio frouxo, permite
que o rival faga puntos, ata que consegue controlar o saque e facer dano
na recepción das colexiais, e cun ataque ordenado consegue gañar o partido
cada set con maior diferenza ante un equipo que tivo no saque a súa
mellor baza.
  Con esta vitoria súmanse dous novos puntos que serven
para situarse en primeira posición despois da derrota de VoleyOurense
ante EMEVE. Próxima xornada, ante o Fisioterapia Cinesia Noia.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………….

  O sábado pola tarde xogábase no Barrio o partido de 2ª Div A correspondente á xornada n.º 12 que enfrontaba aos equipos Autos Cancela Zalaeta e ao Calasancias Coruña.
Interesante derby local, este primeiro partido da 2ª volta, entre dous equipos que ocupan a tecera
e cuarta posición na táboa respectivamente e que dirimían as súas
diferenzas a partir das 16:00 baixo a dirección dos colexiados JC Liste, FL Barrallo e N. Díaz.
O encontro, cunha duración de 02 h 10 m, finalizou cun resultado de 2-3
con parciais: 22-25; 15-25; 25-17; 25-19 y 11-15. Adestradores, local
D. Hermida e visitante C. Suarez.

   AUTOS CANCELA ZALAETA: Sara, Paula, Ana F., Raquel, Susana, Nerea, Ana C., Noemí, Inés, Alba e Lidia G.

  CALASANCIAS CORUÑA: Lago, Piñéiro, Quintas, Blanco, Naveira, Del Castelo, Martínez, Dorta, Piquer, Domínguez, De La Fuente, e Reverte.

  Un partido con repartición de oportunidades o que nos ofreceron ambos os dous equipos, no que o Zalaeta
comezou por diante pero non foi capaz de superar o rival e cedeu o 1-0,
o segundo set foi integramente de dominio colexial, que alcanzou a
maior diferenza do encontro para ceder no terceiro ante a recuperación
das do Instituto, que tamén se impuxeron no cuarto para deixar que o Calasancias decidira no tie break.
  Non foi un partido de gran calidade o que presenciamos no Barrio, gañou o que cometeu menos erros e estivo máis centrado, o Calasancias. As xogadoras do Zalaeta
xogaron de modo intermitente, con erros en todas as facetas do xogo e
non souberon decidir cando tiñan que facelo, parecía que non estaban
recuperadas do parón do Nadal. Perden pola mínima, conseguen un punto, e
o Calasancias empata o particular marcador
dos derbys coruñeses da categoría gañando con idéntico resultado co que
perdera na primeira volta, 3-2. Non hai variación na clasificación.

 …………………………………………………………………………………………………………………………………………….

  Comezaba o sábado a esperada competición de categorías base no Monte dás Moas, onde as xogadoras se inícian e xogan os seus primeiros partidos de volei. Nesta priemra xornada, o C.I.Zalaeta estivo representado polos equipos de Alevíns que se enfrontaron ao Narón Volea nun entretido partido no que comezaron dominado ata que un bo refacho do Narón puxo o 0-1 no marcador cun axustado 24-26. 
  “Pero a partir de aquí, cóntanos a adestradora Tania,
dominámos os dous seguintes sets dende o principio ata o final cun bo
saque e enlazando xogadas a tres toques que nos serviron para gañar ás
de Narón por 2-1, co que sumamos dúas vitorias de dous partidos. A próxima semana enfrontámonos ao Valle Inclán Oleiros, que aínda que son maioría Benjamines, o fan moi ben, polo que teremos que esforzarnos e centrarnos para facelo ben e poder continuar co bo refacho. “

   Xogaron:  Antia, Paula, Alicia, Icía, Sara, Guenoa, Andrea, Natalia, Yago,
Álvaro, Adela e Icía.

  O outro equipo en liza era o de Infantiles B,
que se enfrontaba ao Liceo C, con diferente resultado, pois saíron
derrotadas por 0-2 nun partido que era o primeiro de competición para as
xogadoras de iniciación e que serviu para romper o xeo.
“O nerviosismo e a inseguridade inicial, explícanos a adestradora Andrea,
maquilláronse deseguida polas ganas de xogar. Tivemos dificultades
constantes xa no primeiro toque debido ao eficaz saque do Liceo en
contraste cos erros de Zalaeta. “

“Tamén é certo, cóntanos a xogadora Rosalía,
que ao ser o primeiro partido quizais estabamos un pouco desituadas e
non tiñamos suficiente comunicación entre nós, ademais de estar un pouco
nerviosas pola novidade. Pero supoño que a partir de agora tanto as
miñas compañeiras coma min empezaremos a mellorar. “

   A pesar de todo,
deron a cara tratando de xogar o mellor posible e lográronse varias
xogadas a tres toques demostrando continuidade.
   Xogaron:
Rosalía, Sara, Sabela, Marga, Ana, Laura, Verónica, Lucía A., Lucía R., Andrea
e Icía. 

TAGS: