/PARTIDOS DO SÁBADO, LIGAS GALEGAS

PARTIDOS DO SÁBADO, LIGAS GALEGAS

  LIGAS GALEGAS.

  En 2ª Div A continúa á fronte o VoleyOurense despois de gañar o seu partido ante o CV Pontevedra, e todo apunta que chegará ao Nadal en primeira posición.
  O Autos Cancela Zalaeta disputa o seu partido correspondente á xornada n.º 11 co EMEVE,
equipo que ocupa a 8ª posición da táboa, e ante o que as locais teñen
posibilidades de sumar os puntos, o que as mantería nun cómodo terceiro
posto.

2ª DIVISIÓN A
  AUTOS CANCELA ZALAETA    Vs    EMEVE    SÁBADO 20,   16:00   BARRIO DAS FLORES

  Na Liga Galega Xuvenil o Autos Cancela Zalaeta é o primeiro clasificado, superando ao EMEVE
por unha diferenza de dous sets, nunha competición na que os primeiros
equipos están moi apertados e calquera erro se pode pagar caro. O
enfrontamento entre coruñesas e lucenses, aclarará as cousas, posto que
será un dos dous equipos que quede cos puntos cun VoleyOurense en
terceiro lugar á expectativa e o Boiro Voleibol en cuarta posición apurando as súas posibilidades de continuar na cabeza.


XUVENÍS
  AUTOS CANCELA ZALAETA    Vs    EMEVE   LUNS 22,    19:00   INSTITUTO ZALAETA

 
  As Infantiles
terán un difícil fin de semana no que dobrarán e xogarán dous partidos o
mesmo día. En primeiro lugar solucionarán o partido aprazado que tiñan
pendente co EMEVE, e a continuación enfrontaranse ao Fisioterapia Cinesia Noia, encontro correspondente á xornada n.º 11. Xornada complicada para as xogadoras de Cristina, pero na que terán ocasión de centrar o seu xogo para puntuar e ascender na clasificación.

INFANTÍS
  C.I ZALAETA   Vs   EMEVE   SÁBADO 20,   16:00   BARRIO DAS FLORES
  C.I ZALAETA   Vs   FISIOTERAPIA CINESIA NOIA SÁBADO 20, 17:30 BARRIO DAS FLORES

  Pola súa banda, as cadetes B desprazaranse a Carballo para xogar ante o XiriaVolei un partido aprazado no seu día. Unha vitoria, alcanzable para as rapazas de Mery, faríaos mellorar a súa situación na táboa.

CADETES
  XIRIAVOLEI  Vs  C.I ZALAETA B  SÁBADO 20, 16:00 MUNICIPAL VILA DE NOIA, CARBALLO