/RESULTADOS DA XORNADA DO 12 DE OUTUBRO

RESULTADOS DA XORNADA DO 12 DE OUTUBRO

   Comeza a Liga Galega Xuvenil Feminina con vitoria do FISIOMÁSZALAETA na casa ante o IES Ames, e tamén a Liga de Segunda División A, con triunfo do AUTOS CANCELA ZALAETA ante o CV BRUXAS.
 

VER + FOTOS

     O encontro que significaba o arranque ligueiro, comezou ás 11:30 no P. Instituto Zalaeta, e finalizou cun resultado de 3-0, con parciais: 25-5, 25-10 y 25-18. Foi dirixido pola colexiada Natalia Díaz, e tivo unha duración de 59 m. Entrenadores, local, David Hermida, e visitante Bouza e Rodríguez.

   FISIOMÁSZALAETA: 8 Patricia Santos, 1 Susana Suarez, 7 Inés Rivas, 4 Elena Sardiña, 11 Sara Armesto, 2 Alba Quirós, 13 Nerea Tabeayo, 14 Raquel Rey, 10 Ana Calvo, 9 Sara Amarelle e 6 Alba Fernández.

   IES AMES: 9 Rodríguez V., 7 Aboy, 12 Bostan, 11 Ferreira, 13 Rivas M., 18 Rivas N., 8 Rodríguez F., 4 Rodríguez C., 10 Sánchez e 16 Caamaño.

  
Partido característico de comezo de tempada no que os dous equipos
acusan falta de rodaxe e que significa para ambos os dous, o comezo da
posta a punto en serio para afrontar a competición.
   Victoria
cómoda para as coruñesas ante un equipo co que existen diferenzas
importantes de xogo, no que pesar de perder, as de Ames,
foron de menos a máis ao longo do partido, sendo o terceiro o seu
mellor set e no que lograron a maior puntuación, 25-18, aínda que en
ningún momento inquietaron ás pupilas de David Hermida,
que na súa opinión, “foi un partido con pouca tensión, que serve para
ir corrixindo erros e que permite dar entrada á maior parte das
xogadoras para ir probando diferentes cuestións tácticas e ir medindo o
estado de forma das xogadoras. O mellor, comezar a competición cunha
vitoria. “

   O Zalaeta aínda necesita
partidos para completar a posta a punto, a falta de tensión levounas a
cometer moitos erros, aínda que se aprecia bo nivel en defensa e un
efectivo ataque por momentos.
….
 

VER + FOTOS

  Pola tarde, no Barrio da Flores, xogábase o primeiro encontro da Liga de Segunda División A entre os equipos Autos Cancela Zalaeta e CV Bruxas, que daba comezo ás 16:00, e finalizou cun resultado de 3-0, con parciais: 25-16; 25-20 y 25-17. Dirixido polos colexiados Alfonso Ares e Natalia Díaz, tivo unha duración de 01 h 15 m. Adestradores, local Jorge Barrero, e visitante Bouza e Rodríguez.

    AUTOS CANCELA ZALAETA:  8 Tania Cobos, 18 Paula Martínez, 12 Ana M.
Ceba, 9 Sara Amarelle, 15 Paula Bermúdez, 1 Susana Suarez, 14 Alba Fernández,
13 Paula Lema, 6 Irene Villaverde, 7 Inés Rivas, 3 Elena Sardiña e 4 Alba
Quirós.

   
CV BRUXAS
: 19 Noya, 11 Aboy, 14 Martínez, 9 González V., 13 De Dios, 8
González M., 3 Lizuaín, 7 Rodríguez, 10 Sánchez, 12 Rivas e 1 Ferreira.
  O Zalaeta resolve a primeira xornada Liga cunha vitoria ante as santiaguesas, que a pesar do resultado non foi doada.
   Partido xogado no Barrio como previo ao encontro de SF2 contra o Sant Boi, e nesta ocasión co equipo ás ordes de Jorge Barrero por ausencia de D. Hermida.
Resolto en tres sets, soamente no primeiro a diferenza foi clara dende o
comezo, pero nos restantes, mais igualados, foi necesario esperar ao
último momento para decidir o resultado.
   Bo debut das coruñesas na
categoría que esta tempada presenta un equipo moi cambiado respecto á
tempada anterior, que conta coa continuidade de Paula Martínez e a incorporación de Tania Cobos
que se verán complementadas con xogadoras do equipo xuvenil, e se está á
espera de de que frutifique a incorporación dalgunha outra xogadora.

   RESULTADOS.

TAGS: