VER + FOTOS |
FISIOMÁSZALAETA: 8 Patricia Santos, 1 Susana Suarez, 7 Inés Rivas, 4 Elena Sardiña, 11 Sara Armesto, 2 Alba Quirós, 13 Nerea Tabeayo, 14 Raquel Rey, 10 Ana Calvo, 9 Sara Amarelle e 6 Alba Fernández.
IES AMES: 9 Rodríguez V., 7 Aboy, 12 Bostan, 11 Ferreira, 13 Rivas M., 18 Rivas N., 8 Rodríguez F., 4 Rodríguez C., 10 Sánchez e 16 Caamaño.
Partido característico de comezo de tempada no que os dous equipos
acusan falta de rodaxe e que significa para ambos os dous, o comezo da
posta a punto en serio para afrontar a competición.
Victoria
cómoda para as coruñesas ante un equipo co que existen diferenzas
importantes de xogo, no que pesar de perder, as de Ames,
foron de menos a máis ao longo do partido, sendo o terceiro o seu
mellor set e no que lograron a maior puntuación, 25-18, aínda que en
ningún momento inquietaron ás pupilas de David Hermida,
que na súa opinión, «foi un partido con pouca tensión, que serve para
ir corrixindo erros e que permite dar entrada á maior parte das
xogadoras para ir probando diferentes cuestións tácticas e ir medindo o
estado de forma das xogadoras. O mellor, comezar a competición cunha
vitoria. «
O Zalaeta aínda necesita
partidos para completar a posta a punto, a falta de tensión levounas a
cometer moitos erros, aínda que se aprecia bo nivel en defensa e un
efectivo ataque por momentos.
….
VER + FOTOS |
Pola tarde, no Barrio da Flores, xogábase o primeiro encontro da Liga de Segunda División A entre os equipos Autos Cancela Zalaeta e CV Bruxas, que daba comezo ás 16:00, e finalizou cun resultado de 3-0, con parciais: 25-16; 25-20 y 25-17. Dirixido polos colexiados Alfonso Ares e Natalia Díaz, tivo unha duración de 01 h 15 m. Adestradores, local Jorge Barrero, e visitante Bouza e Rodríguez.
Ceba, 9 Sara Amarelle, 15 Paula Bermúdez, 1 Susana Suarez, 14 Alba Fernández,
13 Paula Lema, 6 Irene Villaverde, 7 Inés Rivas, 3 Elena Sardiña e 4 Alba
Quirós.
CV BRUXAS: 19 Noya, 11 Aboy, 14 Martínez, 9 González V., 13 De Dios, 8
González M., 3 Lizuaín, 7 Rodríguez, 10 Sánchez, 12 Rivas e 1 Ferreira.
Partido xogado no Barrio como previo ao encontro de SF2 contra o Sant Boi, e nesta ocasión co equipo ás ordes de Jorge Barrero por ausencia de D. Hermida.
Resolto en tres sets, soamente no primeiro a diferenza foi clara dende o
comezo, pero nos restantes, mais igualados, foi necesario esperar ao
último momento para decidir o resultado.
Bo debut das coruñesas na
categoría que esta tempada presenta un equipo moi cambiado respecto á
tempada anterior, que conta coa continuidade de Paula Martínez e a incorporación de Tania Cobos
que se verán complementadas con xogadoras do equipo xuvenil, e se está á
espera de de que frutifique a incorporación dalgunha outra xogadora.