Regresa a competición de SF2 ao Barrio das Flores coa visita do Feel Voley Alcobendas o sábado día 4 ás 18:00.
Xogaranse pola mañá as semifinais, que enfrontarán a partir das 10:30 ao EMEVE co CV Voley Ourense, e ás 12:00 a segunda semifinal, CV Zalaeta con AD A Pinguela. Ás 17:00, no mesmo escenario, xogaranse o 3ª e 4ª posto os perdedores da mañá, e a final ás 18:30.
O EMEVE, club anfitrión, e brillante vencedor de Liga sen unha derrota, parte como favorito para facerse co título. Xogando en casa, cun equipo moi conxuntado, e con xogadoras que son habituais nas alineaciones do equipo de SF2, tratará de non deixar escapar a oportunidade de gañar o campionato ante a súa afección.
Pola súa banda o Zalaeta que realizou un bo final de Liga Regular, atópase crecido e disposto a disputarlle o título ás organizadoras, aínda que para iso, “o noso primeiro rival é o AD A Pinguela, di J. Barrero, e elas son o equipo a bater para poder pasar á final, non debemos esquecelo”.
O equipo do Instituto contará nesta ocasión, coa presenza da oposta Antía Rodriguez, xogadora do club que está actualmente na concentración da Selección Española, e que realizou toda a presente tempada nas filas do CAEP Soria de SF2, e cuxa achega e experiencia serán importantes para o rendemento do equipo.