/XORNADA 23 DE MARZO 2013.

XORNADA 23 DE MARZO 2013.

   Finalizadas as Ligas Galegas nas que participan equipos do Club, a competición sofre un parón obrigado á espera da celebración dos Campionatos Galegos e dos cruces de promoción e ascenso. As Ligas dos máis pequenos, as zonais infantís retomarán a competición o próximo mes de Abril.

  

   Mentres tanto, o equipo FisiomásZalaeta de SF2 continúa na brecha cun novo desprazamento a terras catalás, nesta ocasión para enfrontarse ao líder, o CV Vall d´Hebrón, en partido que se celebrará o sábado 23 ás 16:30 no Olimpics Vall d´Hebrón, Barcelona.
   Desprazamento complicado para as coruñesas, que se enfrontarán a un equipo imbatido na presente tempada, e que xa visitou o Barrio das Flores de onde se levou os tres puntos deixando unha boa impresión.
   Ao equipo de Jorge Barrero estáselle complicando a competición cun calendario que concentra os desprazamentos e que non permite descansar e recuperar o suficiente para obter un adecuado rendemento, “pero nese sentido, di o adestrador,  esperamos poder recuperar, posto que logo deste desprazamento, os partidos serán todos en casa”.
   Para José M. Sánchez “Chisco”, 2º de J. Barrero, “o partido do sábado preséntase difícil ante un equipo que xoga en casa e que non perdeu un partido en toda a tempada, facerlle un set é complicado. A xornada pasada gañoulle ao Extremadura Arroyo, líder do Grupo A. Ten unha plantilla moi completa na que destaca Mar Arranz, atacante, que foi MVP a semana pasada e tamén máxima anotadora e mellor atacante. O FisiomásZalaeta debe xogar como sabe, meterse no partido desde o principio e non deixarse intimidar, e realizar un bo encontro para poder sacar algo positivo”.
   Ás baixas xa coñecidas súmanse nesta ocasión outras continxencias de tipo extradeportivo que provocan que a expedición a Barcelona sexa reducida en nº de xogadoras, viaxarán Patricia, Cristina, Olalla, Lydia, Marta, Sheila,  Rocío e Sofía, que realizarán a viaxe desde Lavacolla, con saída o sábado e regreso o domingo.

   Moita sorte, e bon viaxe!!
laopinioncoruna.es   https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=www.laopinioncoruna.es/deportes/2013/03/23/puntuar-lider-vall-dhebron-esencial-zalaeta/705073.html