/XORNADA DO 16 DE FEBREIRO.

XORNADA DO 16 DE FEBREIRO.

   Próximos
partidos contra o Fisioterapia Cinesia Noia no Alfonso Rodriguez de Noia o
sábado 16 ás 16:30 o partido de Cadetes correspondente a xornada 18 da Liga
Galega
, o equipo local con catro vitoras non debe de ser rival, a priori, para
o equipo de David Hermida que ocupa a segunda posición na clasificaicón con 15
vitorias.
   A
continuación, as 18:00,  no mesmo
escenario, xogarán os equipos xuvenís o partido nº 18 da Liga Galega Xuvenil, na que o
equipo de Noia leva dúas vitorias por 15 o Zalaeta.
  
Para rematar a xornada, celebraráse o encontró de 2ª División A ás 20:00
no Alfonso Rodriguez, entre o equipo titular, o Fisioterapia Cinesia Noia e o
CV Zalaeta. Partido importante para ambolos dous equipos, 4º e 3º clasificados
respectivamente, que se poden xogar a súa posición na presente liga. O equipo
de Asier García deberá de demostrar o seu nivel neste desprazamento a pesar das
baixas, ante un rival que ven de perder na xornada anterior pero que xoga na
casa e que con dous partidos menos aspira a terceira posición que ahora ocupan
a do Instituto.
   O
autobús de Autos Cancela que se desprazará a Noia, sairá, coma de costume,
desde o Instituto Zalaeta o sábado as 14:00 e realizará as paradas habituais.
   Na
Liga Zonal Infantil, o CV Zalaeta enfrontarase ao Hierros Varela Urbieta Xiria,
o sábado 16 ás 09:45 no Monte Das Moas.

   E
na categoría Deporte Escolar Alevín , o Zalaeta xogará contra o Liceo A tamén
nas instalación do Monte das Moas o sábado ás 11:15.