/PARTIDOS DA XORNADA DO 19 DE XANEIRO

PARTIDOS DA XORNADA DO 19 DE XANEIRO

   Volta á actividade competitiva de SF2 despois do parón navideño.
      Á parada navideña sumóuselle o descanso para os equipos que non participaron en VI Copa da Princesa de Voleibol, torneo cuxa final xogaron, o pasado día 12, os equipos CV Vall D`Hebrón e Feel Voley Alcobendas, con vitoria por 3-1 para o primeiro.
    Comeza, pois, un novo ano de competición para o FisiomásZalaeta cun encontro de alto voltaxe: o derbi autonómico coas lucenses do EMEVE, terceiro enfrontamento entre ambos equipos na presente tempada, cun saldo dunha vitoria para cada un deles.
   O factor campo pode resultar decisorio para o FisiomásZalaeta que xoga no Barrio das Flores, o sábado 19 ás 18:00, equipo para o que a vitoria significaría asegurarse o terceiro posto ante o descanso do Cantabria Deporte e o choque entre os dous primeiros clasificados.
   Para Jorge Barrero, que “asinaría gustoso un 3-0”, o equipo retoma a competición cun bo nivel de adestramento logo de aproveitar a parada para a recuperación das súas xogadoras e a preparación con intensidade  do último tramo da Liga Regular.
   “Unha vitoria sen encaixar ningún set neste encontro aseguraríanos a terceira praza e meteríanos de cheo no play off polo ascenso, obxectivo da presente campaña. Un resultado positivo será moi importante, posto que o calendario enfróntanos na seguinte xornada ao Arroyo Extremadura na súa casa e na última ao Grupo”.
   O equipo herculino finaliza esta fase con xornada de descanso. Encontro interesante, o deste fin de semana, que o equipo local afronta sen baixas e nun bo momento e con moral de vitoria.

  A  xornada destea fin de semana desenvolverase ao longo do sábado día 19, na que haberá partidos na casa e tamén desprazamentos, nesta ocasión a Santiago.
   Comezan as categoría inferiores que xogan os seus partidos no Pabellón de Monte Dás Moas, ás 10:30 en categoría Alevín Feminino, Deporte Escolar, o CV Zalaeta enfrontarase ao Liceo A Paz “D”, que ocupa a sétima posición, mentres o Zalaeta é sexto cunha vitoria. No mesmo escenario, ás 11:15, partido da cuarta xornada da Liga Zonal Infantil Feminina entre Franciscanos e Zalaeta, líder da clasificación e noveno respectivamente.
   A Liga Galega Cadete, na súa xornada nº 14, enfrontará aos equipos Liceo La Paz e CV Zalaeta, nas instalacions do Liceo as 12:00. Neste derbi local entre o sexto clasificado e o segundo, parte como favorito o equipo do Instituto, que da man do seu preparador David Hermida, xa gañou 3-0 claramente no partido da primeira volta, e neste momento, en racha de vitorias, esperan repetir resultado.
   Pola súa banda o equipo xuvenil, resolverá a xornada 14 da Liga Galega Xuvenil, no Municipal de Bertamirans, o sábado ás 18:00, ao que se desprazarán para xogar co IES Ames, 8º clasificado con 5 vitorias. O FisiomásZalaeta buscará unha vitoria que lle sirva para afianzarse no 2º posto, obxectivo ao que lle poden axudar os resultados dos partidos doutros equipos este fin de semana.
   A continuación, ás 20:00, partido de Segunda División A entre o CV Bruxas e o CV Zalaeta, no que as pupilas de Asier García tratarán de volver á senda da vitoria para non perder opcións no grupo de cabeza no que agora ocupan a terceira posición con 9 vitorias.
  
 O autobús de Autos Cancela que realizará o desprazamento a Bertamirans,  sairá, como de costume, do Instituto Zalaeta o sábado ás 16:00 e realizará as paradas habituais.