
A xornada de fin de semana continúa cun enfrontamento a tres bandas co Calasancias Coruña, no que se medirán en primeiro lugar as xuvenís o sábado ás 12:00 no Pabellón do Instituto Zalaeta. O CV Zalaeta parte como favorito para facerse cos puntos, na primeira volta venceron cun claro 0-3, ante as rivais que ocupan a sexta posición con seis vitorias e outras tantas derrotas. Interesa a vitoria ás do Instituto para tratar de abrir oco na segunda posición cos equipos perseguidores, tendo en conta que nesta xornada enfrontaranse o terceiro e cuarto clasificado.
En 2ª División o CV Zalaeta, que vén de derrotar ao líder a domicilio, enfrontarase coa moral alta , ao Calasancias o sábado ás 17:00 no Instituto de Zalaeta esperando obter unha vitoria que lle sirva para consolidarse na segunda posición. O equipo de Asier García realizou unha primeira volta de menos a máis ata alcanzar un bo nivel de xogo e situarse en segunda posición, de modo que a vitoria neste encontro, 1-3 na ida, sírvalle para seguir presionando ao UDC.
Finalizan este triplo derbi local os equipos cadetes, que xogarán o seu partido o domingo 13 ás 11:30 no Pabellón do Instituto, no que as locais buscarán a vitoria ante o terceiro clasificado para poder manter a presión sobre o VoleyOurense que ocupa a primeira praza.

Para finalizar o relato da xornada do fin de semana, destacar que a Liga Zonal Infantil Feminina, celebrará a súa 3ª xornada no Polideportivo do Monte Dás Moas, na que o CV Zalaeta enfrontarase ás Mariñas Oleiros o sábado a partir das 09:45, e o equipo Alevín, dentro do programa de Deporte Escolar, enfrontaranse na 3ª xornada ao Calasancias Coruña F2 tamén no Monte Dás Moas o sábado ás 11:15.
Moita sorte!!!