Patricia Suarez |
Desprazamento a Avilés do equipo de SF2 para xogar o partido correspondente á xornada nº 10 contra AD A Curtidora en Los Canapés o vindeiro sábado ás 19:00.
Encontro previo ao parón navideño no que unha vitoria daría ao FisiomásZalaeta a tranquilidade de afianzarse en grupo destinado a xogar o play off de ascenso, e ao mesmo tempo colocaría ás coruñesas en óptima situación para o primeiro derby do ano que vén contra o EMEVE, que á súa vez ten unha complicada saída nesta ocasión a Xixón.
A Curtidora é, nesta tempada, diriamos un vello coñecido, con este encontro será o terceiro, cun balance positivo para o FisiomásZalaeta de dúas vitorias, malia iso, Jorge Barrero, non se fía:
O adestramento desta semana foi un pouco irregular, xa que o tempo frío pasou factura, e algunhas xogadoras resentíronse e víronse obrigadas a descansar. Para o sábado é baixa Laura Lago por motivos laborais, e espérase a total recuperación do resto de xogadoras.
A oposta Patricia Suarez continúa a súa liña ascendente de xogo, e unha vez máis o seu esforzo na cancha vese recompensado coa súa continuidade no “sete ideal da xornada”, e ademais, nesta ocasión, destacada como máxima anotadora, mellor atacante, e por suposto, MVP da xornada. Enhoraboa Patricia!!
tamén, que o equipo de 2ª División A descansa nesta xornada que nos
depara un choque interesante entre o UDC e o CV Pontevedra na cabeza da
clasificación.
Os enfrontamentos de xuvenís e cadetes contra o AD A Pinguela en Monforte, foron aprazados.