/XORNADA 8, 9 DECEMBRO 2012

XORNADA 8, 9 DECEMBRO 2012

  SF2

   Novena xornada de Liga Regular de SuperLiga Feminina 2, que enfrontará mañá sábado o o Polideportivo do Barrio das Flores ao equipo titular, o FisiomásZalaeta, co Cantabria Deporte ás 18:00.
   Importante partido o que veremos no Barrio, no que unha vitoria para o FisiomásZalaeta, supoñería abrir oco co seu inmediato perseguidor e afianzarse na cabeza da táboa

   Para Jorge Barrero, agora mesmo, “é o rival máis directo”, e logo de gañar a domicilio na ida: “alí o encontro foi moi igualado, e para gañar tivemos que xogar un bo partido, e nesta ocasión, si queremos gañar teremos que xogar a bo nivel e non despistarnos”.
   O Cantabria Deporte, vén de perder co RGC Covadonga 2º clasificado, pero non esquezamos que foi o equipo que acabou coa imbatibilidade do líder.

    O domingo día 9, recibimos a visita do Xuvenil de Teis, que despraza á nosa cidade os equipos xuvenil e cadete de Liga Galega, para xogar os partidos correspondentes á xornada 10.
    Ás 10:30 enfrontaranse os equipos xuvenís, no Pavillón do Instituto Zalaeta, segundo e quinto clasificado,  con ambos equipos pelexando pola vitoria para garantirse un posto na cabeza da táboa.
   O FisiomásZalaeta deberá facer valer a súa condición de favorito para impoñerse ao Xuvenil xogando na súa liña, co seu xogo de ataque, non deberían de ter problemas para facerse coa vitoria ante un equipo que vén de gañar o seu anterior partido, contra CV Pontevedra por 3-0.

    A continuación xogarán as Cadetes ás 12:30 no Pavillón do Instituto Zalaeta, un encontro que medirá aos equipos que marchan en segunda e terceira posición, e cuxo resultado pode aclarar algunhas cousas na categoría.
    O equipo de D. Hermida, logo da derrota o fin de semana pasado en Ourense, debe de retomar de novo a senda da vitoria para continuar nunha posición que ameaza con tomar o Teis que vén cun partido menos, e a tan só dous puntos.

laopinioncoruña.es       https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=www.laopinioncoruna.es/deportes/2012/12/08/zalaeta-recibe-cantabria-perseguidor/671902.html