SF2
Para Jorge Barrero, adestrador das herculinas,
O FisiomásZalaeta, sairá a defender a súa posición na táboa, e a estar pendente do resultado dos outros encontros do grupo A.
As xogadoras de Zalaeta continúan destacando nas estatísticas, e nesta ocasión, Patricia Suarez aparece elixida como mellor oposta para o Sete Ideal da Primeira Volta, logo de habelo sido tres veces no da semana.
Para o resto de categorías haberá desprazamento a Ourense, onde as xuvenís do VoleyOurense e o FisiomásZalaeta, xogarán, no Paco Paz a partir das 10:00 do sábado, o partido correspondente da Liga Galega. Este encontro resolverá o empate que ambos equipos manteñen pola segunda posición, con tan só a vantaxe de dous sets a favor do Zalaeta, que viaxa decidido a facerse coa vitoria para non distanciarse da cabeza da táboa.
A continuación, tamén no Paco Paz, ás 11:30, celebrarase o encontro de Liga Galega Cadete entre os equipos do VoleyOurense e o CVI Zalaeta. Ambos equipos atópanse empatados na clasificación, cun set de vantaxe para as coruñesas, e son, a priori os candidatos con máis opcións ao título, polo que o partido do sábado, pode deixar claras algunhas cousas.
O equipo de D. Hermida, está nunha boa racha, e mellorando o seu xogo a medida que avanza a competición, e irán a Ourense dispostas a traerse os puntos.
Para finalizar a xornada, serán os equipos de 2ª División A, CaldariaVoleyOurense e CVI Zalaeta os que se enfronten, no Paco Paz, ás 16:30, en partido correspondente á 9ª xornada de Liga regular. O equipo local ocupa a novena posición con dúas vitorias, e tratará de impoñerse ás visitantes, que chegan a este partido realizando un bo xogo e asentándose nos postos de cabeza.
O autobús de Autos Cancela sairá, como é habitual, desde o Instituto Zalaeta, o sábado, ás 07:00, e realizará as paradas de costume.