A próxima xornada dará comezo o sábado ás 12:00 o Pabellón do Instituto, no que recibiremos a visita do Voleibol Dumbría en categoría cadete de Liga Galega. Partido que se presenta asequible para o CV Zalaeta que optará á vitoria, ante un equipo visitante que ocupa os postos baixos da clasificación con soamente un partido gañando.
O equipo de David Hermida pretende continuar á fronte da clasificación sen darlle opción ao seu inmediato perseguidor o VoleyOurense.
Pola tarde, ás 17:00 tamén no Pabellón do Instituto, o CV Zalaeta de 2ª División A enfrontarase ao Dompa Xestión que ocupa a última praza sen gañar ningún partido.
As xogadoras de Asier García de Dios non deben de perder a concentración para obter uns puntos que lle permitan continuar loitando nos postos de cabeza.
A continuación, ás 18:30 e no mesmo escenario, celebrarase o encontro de Liga Xuvenil Galega tamén entre os equipos FisiomásZalaeta e o IES As Lagoas San Martiño Dompa. Partido que non debe de presentar ningunha dificultade para que as locais se álcen co triunfo para continuar a persecución do líder.