Esta xornada, sábado 20, 2ª en SF2, o FisiomásZalaeta desprazarase a Torrelavega para enfrontarse ao Cantabria Deporte no Polideportivo de La Habana Vieja ás 18:00.
Será un partido interesante, no que o Zalaeta tratará de referendar o seu bo comezo de tempada cunha vitoria a domicilio, ante un equipo ganador da Copa de Cantabria
deste ano, pero que vén de perder o seu primeiro encontro de liga, o
que lle fará empregarse a fondo para estrear o casillero de vitorias. O Club Voleibol Torrelavega,
conta con incorporaciones de xogadoras novas da canteira, do seu
acoplamento depende confirmar a súa condición de ser un dos favoritos
para formar parte do grupo de cabeza.
Para o
primeiro desprazamento da tempada, Jorge Barrero, non poderá contar
coas xogadoras Patricia Suarez e Laura Lago. Ao mesmo tempo, Nóa Sánchez incoporase nesta ocasión, unha vez superada a lesión que non lle
permitiu comezar a tempada.

O resto da xornada queda como segue:
En 2ª División A, o Zalaeta enfrontarase ao CV Bruxas o domingo 21 ás 11:00 no Pabellón do Instituto Zalaeta. Enfróntanse dous equipos igualados na táboa, en partido no que as locais deben de impoñerse para non distanciarse do grupo de cabeza.
En Liga Galega Xuvenil, o FisiomásZalaeta, xogará contra o IES Ames, o domingo 21 ás 12:30 no pabellón do Instituto. Ambos equipos igualados cun partido gañado e un perdido. Parte como favorito o equipo local, que debería gañar este partido para irse xa á parte alta da clasificación.
A Liga Galega de Cadetes Feminina xoga a súa xornada nº3, na que se enfrontan nun derbi local, Zalaeta e Liceo A Paz. Ambos equipos mandan na clasificación, xunto co VoleyOurense, polo que a vitoria comezará a marcar diferenzas. O encontro, no P. M. Sagrada Familia o domingo 21 ás 12:30.