/PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

PARTIDOS DA FIN DE SEMANA


   Despois da vitoria obtida contra EMEVE no primeiro partido de Liga o pasado vernes, as cadetes do CVI Zalaeta enfróntanse mañá, ás 10:30, coma visitantes contra Calasancias, coa intención de repetir o resultado anterior.
   Comeza a Liga para o equipo xuvenil de Zalaeta, coa celebración do partido contra Calasancias a continuación de que xoguen as cadetes, fixado para as 12:30. O mesmo día, tamén se xogará o encontro aprazado da primeira xornada contra EMEVE, no Pavillón do Instituto de Zalaeta, ás 19:00.
 Coma remate desta xornada Zalaeta vs Calasancias, terá lugar o enfrontamento de 2ª División A Feminina,  o sábado 13 ás17:00 no Polideportivo da Sagrada Familia.

 Coma colofón da xornada, o partido estrela  celebrarase o sábado no Polideportivo do Barrio das Flores ás 18:00, e terá coma protagonistas aos equipos de SL2 FisiomásZalaeta e Xuvenil Teis.