VER FOTOS> |
_______________________________________________________________________________________
A continuación celebrábase o partido de Cadetes, sendo dirixido pola colexiada L. Lago, cunha duración de 52 m. e con resultado de 3-0, con parciais de 25-15, 25-14 e 25-14. Adestradores, local D. Hermida e visitante Larrañaga.
Fisiomas Zalaeta: 16 Andrea, 3 Ana María, 6 Inés, 1 Lucía, 8 Nerea, 13 Irene, 7 Miluska, 14 Laura, 4 Andrea F., 11 Paula, 17 Lydia e 9 Raquel.
Voleibol Dumbría: 8 Rey, 5 Vigo, 11 Caamaño, 7 Castiñeira, 12 Trinidad, 10 González e 9 Quinteiro.
Partido calcado do anterior, no que o equipo local se impuxo con facilidade ó rival demostrando mellor xogo tanto de ataque coma en recepción, cometendo menos fallos e aproveitando ós de Dumbría, para alzarse no marcador cunha vitoria que as mantén no 5º posto da CLASIFICACIÓN.
___________________________________________________________________________
Pola tarde, no P. Instituto Zalaeta tivo lugar o encontro de 2ª División A Feminina entre os equipos CV Zalaeta e Voleyourense.es dirixido polos colexiados Barallo F. e Lago L., cunha duración de 01h. 23 m. Finalizou cun resultado de 3-0 e parciais 25-21, 25-11 e 25-13. Adestradores, local F. Cueto e visitante, Gómez.
CV Zalaeta: 2 Paula R., 1 Paula M., 7 Susana, 3 Lucía, 14 Tere, 8 Patri, 5 Sofi, 9 Rita, 10 Jessy e 15 Andrea.
Voleyourense.es: 13 Vázquez F., 18 Vázquez S., 2 Lorenzo, 11 Martinez S., 1 Blanco, 9 Cerviño, 5 Varandela, 10 Cid, 15 Martinez C. e 3 Del Castillo.
Retorno a competición do equipo de 2º A, que estrena esta 2º volta, como non, cunha nova vitoria por 3-0 ante un equipo ourensán que deixou boa impresión na cancha coruñesa, que a pesares do resultado, fixo un xogo ordeado e sen fisuras pero co que non conseguíu batir ás do Instituto, que volveron a mostrarse moi eficientes en ataque e reforzadas cun bon saque e boa defensa. Continuando así ó fronte da CLASIFICACIÓN.
Destacar que neste encontro, nuha desafortunada xogada no 3º set, a xogadora local Tere Rincón resultou lesionada. Dende aquí desexámoslle unha pronta e boa recuperación.
___________________________________________________________________________
Esta era tamén, unha xornada importante para o Autos Cancela Zalaeta de 1ª División Maculina, que tiña desplazamento e xornada de sábado e domingo. A primeira parada, en Burgos para xogar co Universidad de Burgos ás 18:30 do sábado o partido correspondente a 8ª Xornada, que se saldou cun resultado favorable ós locais por 3-2, con parciais 25-16, 14-25, 25-16,23-25 e 15-9 nun partido no que os coruñeses acusaron as horas de viaxe, e tamén as ausencias provocadas algunhas por lesiónados non recuperados e noutros casos, por compromisos laborais ou de estudios. A pesar de todo, foi un partido competido no que os pupilos de Anxel Losada quizais mereceron outro resultado, pero tamén foron vitimas dos seus propios erros.
A seguinte xornada sería en León para enfrontarse ó Aule, partido favorable ós locais, que venceron 3-1. Encontro que o Autos Cancela Zalaeta afrontou, igual que o anterior, practicamente en cuadro e con xogadores non habituais e reforzados con xuvenís, que mostraron pundonor na cancha, nunha tempada na que se trata de coller experiencia e formar equipo. O xogo vai evolucionando a mellor, con boas rachas ante os rivais, pero os erros non provocados cometidos lastran as remontadas e fan que todalas diferencias sexan escasas. CLASIFICACIÓN.
___________________________________________________________________________
CV Goldcar Sant Joan: 5 Lozano, 14 Miralles, 9 Santiago, 1 Campos, 2 Caballero, 10Cesena, 12 pistani, 3 Barrera, 7 Tantera, 4 Gómez, 8 Villa e 6 Albertos.
Fisiomás Zalaeta: 5 Esperanza, 8 Paz, 6 Campos, 2 García, 10 Arias, 3 Durán, 12 Corbo e 13 Fraga.
Partido que resultou moi igualado dende o comenzo, no que o Fisiomas Zalaeta, despois de perder o 1º set moi axustado, impuxo o seu xogo ás rivais gañando con soltura os seguintes dous sets, para ceder o 4º claramente ,cando parecía que o tiña todo a favor para sentenciar o partido.
O equipo coruñés acusou notablemente o longo viaxe, e ausencia de varias xogadoras por diferentes causas, entre elas Alba Rumbo que continúa recuperándose da súa lesión. Esperamos contar co seu concurso en breve.
VER FOTOS> |
Rematou a xornada da fin de semán, cun partido da Liga Zonal Cadete, entre os equipos CV Zalaeta B e Boiro Voleibol na cancha do Instituto Zalaeta o domingo pola mañá. Dirixido polo colexiado Y. Espasandín tivo unha duración de 01h., e rematou 0-3 con parciais 8-25, 20-25 e 22-25. Adestradores, local Noa Sánchez, e visitante, Palacio Martinez.
______________________________________________________________________________________
Cortesía de TÉCNICAS CONSTRUCTIVAS DE OCIO GALICIA SL DESJOYAUX PISCINAS