/XORNADA 14/01/2012

XORNADA 14/01/2012

VER FOTOS>
   Comenzaba a xornada de este sábado 14 de Xaneiro con un gran ambiente no Polideportivo Municipal Monte das Moas, donde se celebraba outra xornada de Deporte Escolar, na que o equipo Alevín de CV Zalaeta enfrontábase ó Narón Volea F1, con victoria dos primeiros en un axustado 24-26 e 13-25. Divertíronse moito, e quedaron para o próximo fin de seman volver a xogar.
   Tivo lugar tamén, o partido de Liga Zonal Infantil que enfrontou na 3ª Xornada, os equipos AD Xiria  co CV Zalaeta, en encontro dirxido pola colexiada Prieto S. con unha duración de 54 m.. O resultado foi de 3-0 con parciais 25-10, 25-15 e 25-21. Adestradores, local Mariño e visitante Noa Sánchez.
   AD Xiria Hierros Varela Urbieta: 3 Cobas, 5 Verdes, 4 Queijo, 5 Fernández, 7 Varela, 8 Varela P., 3 Aldana, 14 Abeal, 17 García e 8 Bastón.
   CV Zalaeta:  5 Inés, 15 Víctor, 3 Alejandra, 6 Salam, 9 Blanca, 7 María e 13 Andrea.
   Partido disputado, no que o Zalaeta foi de menos a mais, pero sin lograr impoñerse no marcador. Un partido mais que nos aporta experiencia no que se botaron de menos as baixas nas filas dos de Noa Sánchez.

_______________________________________________________________________________________

  

   Mentres tanto, no Pavillón do Instituto Zalaeta, recibíamos a visita do Voleibol Dumbría que se desprazou cos equipos Cadete e Xuvenil Femininos para xogar a xornada  nº 10 da presente Liga Galega 11-12, dando así comezo a 2ª volta. En primeiro lugar enfrontáronse as Xuvenís nun partido dirixido polo colexiado M. Folgar,  que tivo unha duración de 50 m. e finalizou cun resultado de 3-0, con parciais de 25-19, 25-13 e 25-6. Adestradores, local F. Cueto e visitante Larrañaga.

   Fisiomás Zalaeta:  6 Patri, 18 Paula, 3 Sofi, 11 Rita, 5 Jessy, 15 Andrea, 14 Paula L. e 17 Lydia.

   Voleibol Dumbría: 13 González, 8 Motero, 6 Caamaño A., 10 Castiñeira S., 2 Trinidad, 1 Castiñeira P., 3 Caamaño M. e 4 Rey.

   Partido claramente favorable ás locais que se impuxeron comodamente cun xogo de ataque aberto e un gran bloqueo na rede,  apoiado cunha boa recepción. Sen estar ó nivel das rivais, o equipo de Dumbría  fixo o seu partido pero foi perdendo fol  a medida que pasaban os sets. Desta forma, o Fisiomás Zalaeta sitúase, de xeito provisional, ó fronte da CLASIFICACIÓN.
  

   A continuación celebrábase o partido de Cadetes, sendo dirixido pola colexiada L. Lago, cunha duración de 52 m. e con resultado de 3-0, con parciais de 25-15, 25-14 e 25-14. Adestradores, local D. Hermida e visitante Larrañaga.
  Fisiomas Zalaeta: 16 Andrea, 3 Ana María, 6 Inés, 1 Lucía, 8 Nerea, 13 Irene, 7 Miluska, 14 Laura, 4 Andrea F., 11 Paula, 17 Lydia e 9 Raquel.
  Voleibol Dumbría: 8 Rey, 5 Vigo, 11 Caamaño, 7 Castiñeira, 12 Trinidad, 10 González e 9 Quinteiro.
   Partido calcado do anterior, no que o equipo local se impuxo con facilidade ó rival demostrando mellor xogo tanto de ataque coma en recepción, cometendo menos fallos e aproveitando ós de Dumbría, para alzarse no marcador cunha vitoria que as mantén no 5º posto da CLASIFICACIÓN. 
___________________________________________________________________________

   Pola tarde, no P. Instituto Zalaeta tivo lugar o encontro de 2ª División A Feminina entre os equipos CV Zalaeta e Voleyourense.es dirixido polos colexiados Barallo F. e Lago L., cunha duración de 01h. 23 m. Finalizou cun resultado de 3-0 e parciais 25-21, 25-11 e 25-13. Adestradores, local F. Cueto e visitante, Gómez.
   CV Zalaeta: 2 Paula R., 1 Paula M., 7 Susana, 3 Lucía, 14 Tere, 8 Patri, 5 Sofi, 9 Rita, 10 Jessy e 15 Andrea.
   Voleyourense.es: 13 Vázquez F., 18 Vázquez S., 2 Lorenzo, 11 Martinez S., 1 Blanco, 9 Cerviño, 5 Varandela, 10 Cid, 15 Martinez C. e 3 Del Castillo.
   Retorno a competición do equipo de 2º A, que estrena esta 2º volta, como non, cunha nova vitoria por 3-0 ante un equipo ourensán que deixou boa impresión na cancha coruñesa, que a pesares do resultado, fixo un xogo ordeado e sen fisuras pero co que non conseguíu batir ás do Instituto, que volveron a mostrarse moi eficientes en ataque e reforzadas cun bon saque e boa defensa. Continuando así ó fronte da CLASIFICACIÓN.
   Destacar que neste encontro, nuha desafortunada xogada no 3º set, a xogadora local Tere Rincón resultou lesionada. Dende aquí desexámoslle unha pronta e boa recuperación.
___________________________________________________________________________

   Esta era tamén, unha xornada importante para o Autos Cancela Zalaeta de 1ª División Maculina, que tiña desplazamento e xornada de sábado e domingo. A primeira parada, en Burgos para xogar co Universidad de Burgos ás 18:30 do sábado o partido correspondente a 8ª Xornada, que se saldou cun resultado favorable ós locais por 3-2, con parciais 25-16, 14-25, 25-16,23-25 e 15-9 nun partido no que os coruñeses acusaron as horas de viaxe, e tamén as ausencias provocadas algunhas por lesiónados non recuperados e noutros casos, por compromisos laborais ou de estudios. A pesar de todo, foi un partido competido no que os pupilos de Anxel Losada quizais mereceron outro resultado, pero tamén foron vitimas dos seus propios erros.
   A seguinte xornada sería en León para enfrontarse ó Aule, partido favorable ós locais, que venceron 3-1. Encontro que o Autos Cancela Zalaeta afrontou, igual que o anterior, practicamente en cuadro e con xogadores non habituais e reforzados con xuvenís, que mostraron pundonor na cancha, nunha tempada na que se trata de coller experiencia e formar equipo. O xogo vai evolucionando a mellor, con boas rachas ante os rivais, pero os erros non provocados cometidos lastran as remontadas e fan que todalas diferencias sexan escasas. CLASIFICACIÓN.
___________________________________________________________________________
 

  Longo desprazamento o que tiña por diante esta fin de semán o Fisiomás Zalaeta para xogar o seu partido contra o Sant Joan d`Alacant, con saída a madrugada do sábado, para enfrontarse ás alicantinas ás 20:30 no P. Sant Joan d`Alacant. O partido estivo dixido polos colexiados Quintanilla, Mas e Povés, e tivo unha duración de 02 h., finalizando cun resultado de 3-2, con parciais 25-23, 19-25, 22-25, 25-16 e 15-11. Adestradores, local Barricarte, e visitante Jorge Barrero.
  CV Goldcar Sant Joan:  5 Lozano, 14 Miralles, 9 Santiago, 1 Campos, 2 Caballero, 10Cesena, 12 pistani, 3 Barrera, 7 Tantera, 4 Gómez, 8 Villa e 6 Albertos.
   Fisiomás Zalaeta: 5 Esperanza, 8 Paz, 6 Campos, 2 García, 10 Arias, 3 Durán, 12 Corbo e 13 Fraga.
   Partido que resultou moi igualado dende o comenzo, no que o Fisiomas Zalaeta, despois de perder o 1º set moi axustado, impuxo o seu xogo ás rivais gañando con soltura os seguintes dous sets, para ceder o 4º claramente ,cando parecía que o tiña todo a favor para sentenciar o partido.
   O equipo coruñés acusou notablemente o longo viaxe, e ausencia de varias xogadoras por diferentes causas, entre elas Alba Rumbo que continúa recuperándose da súa lesión. Esperamos contar co seu concurso en breve.
___________________________________________________________________________

VER FOTOS>

   Rematou a xornada da fin de semán, cun partido da Liga Zonal Cadete, entre os equipos CV Zalaeta B e Boiro Voleibol na cancha do Instituto Zalaeta o domingo pola mañá. Dirixido polo colexiado Y. Espasandín tivo unha duración de 01h., e rematou 0-3 con parciais 8-25, 20-25 e 22-25. Adestradores, local  Noa Sánchez, e visitante, Palacio Martinez.

   CV Zalaeta B: 13 Vicki, 10 Helena, 7 Laura, 6 Inés, 4 Andrea, 2 Camila, 15 Alicia, 8 Raquel, 3 Michelle, 5 Alejandra, 1 Paula e 12 Irene.
   Boiro Voleibol: 5 Novóa, 2 Outeiral, 6 Pinaque, 15 Ordoñez, 11 Sampedro, 14 Lojo,  4 Alves, 7 Gómez, 12 Galbán, 9 Bugallo A. e 13 Bugallo S.
   O partido foi claramente para ás de Boiro, que desplegaron un xogo ordeado e eficaz, con un bon ataque fruto de xogadas elaboradas, pero probablemente a sua mellor arma foi o saque co que lograron romper a recepción das locais. O Zalaeta B comenzou o partido desentonado, perdendo o 1º set abultadamente, pero  púxose ás pilas nos seguintes mellorando o seu xogo, cometendo menos fallos pero sin lograr impoñerse no marcador ó Boiro Voleibol. Finalizada a 8º Xornada, o Noia segue de lider da CLASIFICACIÓN.

______________________________________________________________________________________

Cortesía de TÉCNICAS CONSTRUCTIVAS DE OCIO GALICIA SL    DESJOYAUX PISCINAS

ETIQUETAS: