Ás 19:00 comeza o partido de SF2 no Estadio Vallehermoso dirixido polo colexiado Angel Pinilla e finaliza despois de 01h 12m cun resultado de 3-0 con parciais 27-25; 25-17 e 25-18.
CV MADRID CHAMBERÍ: Alissa Hunter, Silvia das Heras, Silvia Soldevilla, Aida Etxebarría, Monika Jovanovic, Laura Calvo, Vanesa Rubio, María Revilla, Sandra Mendoza, Yasmina Omeragic, Bianka Abbá e Marta Beltrán.
Adestrador Manuel Berdegué.
Adestrador Manuel Berdegué.
FISIOMÁSZALAETA: Alba Quirós, Laura Vázquez, Inés Rivas, Tere Á. Oria, Susana Suarez, Elisa Álvarez, Emma Ordoñez, Noa Sánchez e Paula Lema.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
Bo comezo de partido do Zalaeta que non permitiu ás madrileñas despegarse no marcador e que despois dun 17-17 distánciase lixeiramente para poñer contra as cordas ao equipo de Berdegué nun intenso final de set, no que se produce un empate a 25 que se liquida con dous erros consecutivos do Zalaeta que lle permiten ás madrileñas adiantarse no partido.
O non poder pechar o set anterior favorablemente parece que pasou factura ás pupilas de Barrero que non son capaces de desfacerse do dominio do Chamberí, 15-8 mediado o set, e un menor acerto no ataque coruñés, permite ás locais poñer o 2-0 no marcador comodamente.
Chegamos ao terceiro, parece que o Zaleta ten un mellor inicio, pero inmediatamente un parcial de 7-0 pon as cousas no seu sitio, e o Chamberí enfila xa un resultado que lle permite entrar no play off polo ascenso e finaliza o encontro cun 3-0 que lle dá o liderado do Grupo A.
Non puido ser, as do Instituto tentárono, pero o non superar o primeiro set puido influír no resto do partido, un partido no que diversas continxencias marcaron o rendemento das galegas. As ausencias de Patri, Tania e Lida que non se puideron desprazar por diferentes causas, e molestias de última hora que baixaron o rendemento dalgunhas xogadoras e non lle permitiron entrar a Emma, minguaron as posibilidades de continuar coa boa serie de fin de tempada.
Mónika Jovanovic máxima anotadora do Chamberí e do encontro con 19 puntos, seguida de Aida Etxeberría con 8. Polo FisiomásZalaeta, Susana Suarez con 12 puntos máxima anotadora, seguida da cadete Laura Vázquez que aproveito moi ben o seu primeiro partido completo e realizou 10 puntos.
Parabéns ao CV Madrid Chamberí que con este resultado proclámase Campión do Grupo A e métese, xunto co Grupo Covadonga, nos play off polo ascenso de categoría.

Nos partidos disputados esta mañá no Monte dás Moas da competición XOGADE, os equipos Alevín do CI Zalaeta, ademais de pasalo moi ben xogando a voleibol, gañaron os seus partidos cos seguintes resultados:
COLEXIO LICEO C 0 ZALAETA B 2
ZALAETA A 2 CALASANCIAS C 1 (15-6; 11-15 e 15-6)