FISIOMÁSZALAETA: Patri Santos, Lida Gudge, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Laura Vázquez, Tere Á. Oria, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
XUVENIL TEIS: Lucía Currás, Noemí Araujo, Loreto Núñez, Alicia González, Sara Urrea, Carla Figueroa, Xulia Larrán, Federica Farabegoli, Olalla Liz e Aida Gómez.
Adestrador Celso Veloso.
Bo comezo de partido das coruñesas que se adiantan cun parcial de 5-1 mostrando xa as súas intencións, recupérase o Teis e empata no 12-12 pero as locais non deixan escapar o set e superan claramente ao rival, mellores en ataque e con eficacia na recepción.
Parecía que xa se atisbaba o final, pero estamos a xogar un derbi, o último da tempada, impredicible como todos, e a reacción das de Veloso non se pode demorar, entran no terceiro con decisión, o Zalaeta logra empatar no punto 11 e de novo no 23 pero dous erros de ataque seguidos dan ás visitantes a oportunidade de poñer o 2-1 no luminoso. Imos ao cuarto e son as do instituto as que se adiantan, logran un 21-16 que parecía definitivo pero un parcial de 8-1 (6 ataques de Sara Urrea) por parte do Teis tomban ao Zalaeta no último momento. Imos ao quinto. De novo 5 sets nun partido, o Zalaeta é o equipo que máis sets xoga na tempada, 81.
Comeza o desempate moi igualado nos primeiros compases, 8-6 ao cambio de campo, pero as de Barrero están decididas a lograr unha vitoria coa que pechar a tempada na casa para compartir coa afección que non deixa de apoiar ao seu equipo en ningún momento, e distáncianse do rival logrando un parcial de 4-0 nos últimos momentos que lle dan a vitoria no partido e 2 puntos.
Unha vez máis a boirense Emma Ordoñez máxima anotadora do partido con 26 puntos, 25 ataques e 1 ACE, seguida de Alba Quirós con 24, 18 ataques e 5 ACES 1 bloqueo. Destacar os 14 puntos directos de saque do Zalaeta. Polo Xuvenil Sara Urrea con 24 puntos seguida de Loreto Nuñez con 15.
Próxima parada, en Madrid o sábado ante o CV Madrid Chamberí líder do Grupo A.
Último partido como local nesta tempada 2016/17. Unha vez logrado o obxectivo da permanencia, a semana pasada ante Valladolid, afrontabamos un partido no que ambos os equipos carecían de presión na clasificación, equipo xóvenes que se atopan en remodelación nos que as mais novas van collendo responsabilidade para futuro. Empezamos o partido mellor que Teis, non foi dos mellores inicios, simplemente estivemos moi acertados no saque, e Vigo non puido xogar nada polo medio e escapámonos rápido no marcador. Teis non reacciona e adxudicámonos a primeira manga.
O segundo set segue un pouco a mesma tónica pero cun peor inicio do noso equipo, a pesar de que Teis comeza cun 2-6 a favor, rapidamente facémonos co control do set e superamos ao Teis, logrando así asegurarnos un punto ao noso favor. Aquí tivemos unha boa oportunidade para poder pechar 3-0 pero unha relaxación xeral nos 2 seguintes sets, permite a Teis entrar no xogo e empatar a contenda. Tanto o terceiro como o cuarto son moi parecidos, empezamos moi mal o set e no momento que queremos recuperar Vigo simplemente administrando a súa vantaxe é capaz de levar o set.
No quinto a pesar dun comezo moi igualado chegamos ao cambio con 2 puntos de vantaxe, estamos moi acertados en ataque e iso permítenos ter un final de quinto set moi tranquilo. Con este resultado e a falta dunha xornada por disputar, adiantamos ao Xuvenil na clasificación, nun final de tempada que será trepidante sobre todo cos equipos que se xogan 2 prazas de ascenso para 3 equipos.
F. Cueto.
ALEVINS: ZALAETA A |
ALEVÍNS
ZALAETA A 3 LICEO C 0 (15-3; 15-9 e 15-6)
ZALAETA A 3 NARÓN VOLEA 0 (15-12; 15-9 E 15-8)
ZALAETA B 0 CALASANCIAS C 2
Resultados dos partidos de Ligas Autonómicas xogados hoxe domingo:
1ª DIVISIÓN SENIOR
MAXI PEDROSO S. SADURNIÑO 3 AUTOSCANCELA ZALAETA 0
1ª DIVISIÓN XUVENIL
CV RIBEIRA SACRA 3 AUTOSCANCELA ZALAETA 0 (10-25; 14-25 e 8-25)
2ª DIVISIÓN CADETE
CV RIBEIRA SACRA 3 CI ZALAETA 2 (11-25; 26-24; 20-25; 27-25 e 15-6)
1ª DIVISIÓN INFANTIL
CV RIBEIRA SACRA 3 CI ZALAETA 1 (25-4; 21-25; 25-10 e 25-13)