Vitoria do Emeve de Lugo no primeiro derby da tempada no que se impuxo por 3 sets a 1 ao Zalaeta no Municipal de Lugo.
Ás 20:00 de onte sábado comezaba o partido correspondente á 5ª xornada de SF2, dirixido polo colexiado Carlos Cordeiro tivo unha duración de 01h 30m e finalizou cun resultado de 3-1 con parciais 25-18; 25-15; 20-25 e 25-12.
EMEVE: Sara Vázquez, Julia Paradela, Paula Lorenzo, Irene Yáñez, Laura Villasante, Mª Fé Pena, Uxía López, Sandra Lojo, Ruth Ojea, Aitana Fernández, Alejandra Gancedo, Lucía Prol, Carmen Saa e Eliana González.
Adestradores, José Valle e Fátima Valle.
FISIOMÁSZALAETA: Patri Santos, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Sheyla Arias, Tere A. Oria, Tania Cobos, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.
Partido de cor local que comezou con dominio das xogadoras de Valle no primeiro set adiantándose en todos os parciais, aínda que o Zalaeta conseguiu reducir unha desvantaxe inicial de 8-2, non atopou o seu sitio na cancha en ningún momento, foi o set que maior nº de erros cometeron e cederon o 1-0.
O segundo parecido ao primeiro, as coruñesas tentábano, pero só lograban centrarse por momentos. Bo xogo a refachos non foi suficiente para dobregar ás de Lugo, que moi centradas cun xogo moi regular e poucos erros lograban impoñer o seu ataque para facerse tamén co segundo set.
Non quedaba máis remedio que remontar, había que alongar o partido para tratar de puntuar, era importante, e no terceiro set aparece a reacción do Zalaeta. É este o único set no que se adiantan no marcador desde o principio, levan o ritmo do xogo e van enxugando pequenas diferenzas, no tramo final impóñense con claridade e apuntan ao tie break. Pero o equipo local non estaba disposto a permitilo e comeza o cuarto cunha diferenza favorable de 5 puntos, 8-3, que se volve insalvable para as de Barrero que cederon a maior diferenza nun set e o partido.
O EMEVE realizou un partido moi completo, con poucas imprecisións e gran eficacia no saque con 14 ACES e poucos erros, Laura Villasante con 26 puntos foi a máxima anotadora do encontro seguida de Eliana González con 11 puntos, Por parte de Zalaeta, Alba Quirós con 11 puntos e Emma e Tania con 9 puntos cada unha.
Boa porcentaxe de ataque para as lucenses con 40% de eficacia e 44 puntos e ben ao saque con pouco erros e 14 puntos directos. En recepción rendemento parecido en ambos os bandos e o Zalaeta obtén unha baixa porcentaxe de ataque, o 29% con 33 puntos, mellora os seus números no saque e supera ao EMEVE en bloqueo, 8 puntos.
Retroceso dun posto na clasificación ante a semana de descanso que será a xornada do sábado 29.

Derrota 3-1 na quinta xornada desta tempada. Mal partido pola nosa banda, ante un equipo que fixo ben unhas facetas moi determinadas pero que se aferrou a iso en todo o partido. Entramos mal no primeiro set, no que chegamos 8-2 abaixo ante un EMEVE que só necesitaba devolvernos a pelota, fallos de ataque e imprecisións bastaban para que Lugo fose puntuando. No momento que recuperabamos o saque era cando nos achegabamos máis pero con pouca constancia xa que ao final recuperaban grazas aos nosos erros desde os 9 metros.
O segundo set levou unha tónica moi parecida ao primeiro, quizá con Tania algo máis inspirada en ataque o que fixo un set un pouco máis atractivo pero no que a partir o punto 12 non puidemos manter o ritmo. No terceiro, simplemente baixando o noso nivel de erros fomos capaces de levarnos o set, un final algo máis igualado pero con regularidade no saque, lograbamos puntuar fácil grazas aos seus erros en ataque.
No cuarto set regresamos a unha versión máis parecida ás dos primeiros, Lugo baixaba dunha maneira sinxela a pelota no noso campo e non eramos capaces de frear un dos seus puntos máis débiles que é o ataque. Esta semana tocaranos descansar para traballar duro para a visita de Alcobendas o 5 de Novembro no Barrio, neste caso a xornada libre vénnos en bo momento e esperamos sexa un punto e inflexión para seguir sumando na liga.

F. Cueto.
Resultados Ligas Galegas:
1ª DIV. XUVENIL
VOLEYOURENSE 1 CV ZALAETA 3 (28-26; 16-25; 19-25 E 20-25).
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 0 CV ZALAETA 3 (14-25; 20-25 E 20-25).
1ª DIV. INFANTIL
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3 CV ZALAETA 0 ( 25-19; 27-25 E 25-18).
2ª DIV. CADETE
MEXILLÓN DE OURO VOLEIBOL RIANXO 0 CV ZALAETA 3 (13-25; 11-25 E 17-25).