/FISIOMÁSZALAETA 0 CAEP SORIA 3

FISIOMÁSZALAETA 0 CAEP SORIA 3

  Derrota do FisiomásZaleta en casa ante o CAEP Soria en partido adiantado correspondente á sexta xornada de SF2.
  Ás 12:00 comezaba o partido dirixido polos colexiados Pidal Otero e Laura Lago e cunha duración de 01h 20m finalizou cun resultado de 0-3 con parciais: 24-26; 23-25 e 15-25. 

FISIOMÁSZALAETA: Patri Santos, Lidia Gudge, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Sheila Arias, Tere A. Oria, Tania Cobos, Elisa Álvarez, Inés Rivas e Susana Suarez.
Adestradores J. Barrero e F. Cueto, estatística Chisco Sánchez.

CAEP SORIA: Alocén Medianero, Fernández Gayoso, Montoro Muñoz, Rosell Mamone, Nuñez, Rguez Sanjurjo, Pons, García Varela, Lázaro Castellanos, Castellano Engo, Piza, Guidarelli Camarero, Ballvé García-Conde e Vallecas Rguez.
Adestradores P. Saurín, J. Serrato e B. Sáenz.
  Primeira derrota do Zalaeta no Barrio despois dun intenso partido no que as xogadoras de Jorge Barrero non conseguiron dobregar ao equipo da concentración permanente.
  Nun primeiro gran set o Zalaeta comeza o partido dominando o marcador en todos os parciais, deixando achegarse perigosamente ás de Soria nos últimos puntos e ceden un 24-26 cando parecía que poderían pechar un set no que foron superiores.
  O segundo foi unha copia do primeiro, o Zalaeta domina ata o terceiro parcial no que cede o control a CAEP que consegue impoñerse nun final apertado para dar paso ao terceiro set no que as locais só xogaron ata o punto 12 e a partir de aquí fíxoselles costa arriba e cederon a maior diferenza do encontro.
  Presenciamos un bo partido no Barrio ante un excelente equipo, que viña de gañar o seu partido en Lugo ante o EMEVE na tarde de onte, e que soubo resolver nos finais do set para levar os tres puntos. O Zalaeta xogou dous meritorios primeiros sets, a un bo nivel, cos que realmente merecía algo mais, pero as xogadoras de P. Saurín non se deixaron sorprender e aguantaron moi sobre todo no primeiro.
  Baixouse a porcentaxe no ataque con respecto a outros partidos, e o do bloqueo, en cambio mellorouse notablemente no saque. A monfortina na filas de Soria, Antía Vallecas, máxima anotadora do partido con 17 puntos nun partido moi completo, a ex do Liceo, Jimena Fdez, segunda anotadora con 11 puntos (4 bloqueos). No Zalaeta,  repartición de anotadoras, Susana, Inés e Tania con 6 puntos e Elisa e Emma con 5 cada unha.

Cuarta xornada de liga, unha xornada que adiantamos xa que nos tocaría descanso. Xogamos contra CAEP Soria, un equipo renovado respecto o ano pasado, que este fin de semana estreaba adestrador, o seleccionador absoluto Pascual Saurín. No Barrio das Flores, o equipo da concentración permanente mostrouse máis dinámico e moito máis seguro en bloque, sendo en certos momentos do partido o punto diferencial entre ambos os equipos. O partido empezaba ben para nós, un primeiro set no que Soria tentou apertar co saque, o cal as levou a cometer numerosos erros que nos elevaron rapidamente no marcador, nun set no que chegamos a gozar de ata 7 puntos de vantaxe, 17-10, nese momento unha redución nos seus erros no saque, xunto ao bloqueo en 6, permite ao equipo júnior achegarse, 22-17, e a partir deste momento non fomos capaces de puntuar en ataque o cal nos privou de gañar un primeiro set que cambiaría moito a dinámica do partido.
No segundo para pesar do pau do primeiro entramos ben no set, facéndoas pasar polo seu peor momento en recepción, finalizando os balóns na rede ao noso favor, pero outra vez souberon sacar vantaxe do saque, reducindo a nosa efectividade en recepción. A pesar diso o equipo seguiu pelexando ata lograr empatar a 21, é neste momento no que 2 erros non forzados pola nosa banda, un saque fora e un ataque fóra, dan unha vantaxe vital ao equipo visitante. No terceiro set empezamos igualadas ata o punto 12, é aí cando elas distáncianse e con iso conseguen unha vitoria cómoda.
Quizá a clave do partido estivo en poder manter a intensidade de xogo xa que unha vez transcorridos os 2 primeiros sets podiamos ir gañando 2-0 pero erros puntuais en ambos os sets impedírono, e en cambio iamos perdendo 0-2, xa que os 2 primeiros sets definíronse por pequenos detalles.
Respecto dos outros 3 partidos que xogamos ata agora, é o primeiro no que baixamos do 30% de efectividade en ataque, un 25% concretamente, é certo que foi o bloqueo máis complicado contra o que xogamos ata agora e seguramente sexa o bloqueo máis complicado da liga pero aínda así faltounos certa picardía nese terceiro toque.  

F. Cueto
 

Resultados Ligas Galegas:

1ª DIV XUVENIL
CV ZALAETA  3  VAGALUME  1  (25-10; 25-17 E 25-17).

1ª DIV INFANTIL
CV ZALAETA  0  LICEO A PAZ  3  (28-30; 18-25 E 20-25).

1ª DIV SENIOR
AUTOS CANCELA  3  DOMPA XESTIÓN 1 (25-22; 25-14; 22-25 E 25-17). 

2ª DIV CADETE
CV ZALAETA  2  DOMPA XESTIÓN  3