/PRIMEIRA XORNADA DE SF2

PRIMEIRA XORNADA DE SF2

  Primeiro partido de SF2 da tempada 16-17 nun enfrontamento ante o RGC Covadonga a domicilio e que se resolveu cun vitoria local por 3-1.

  O sábado ás 17:00 comezaba no Braulio García de Xixón o encontro dirixido polo os colexiados, Daniel Gálvez e Diego Rodríguez que finalizou en 01h 25m. cun resultado de 3-1 con parciais: 25-15; 25-21; 13-25 e 25-20.   Adestradores local, Saúl Pérez, Suarez e Castro; visitante, Jorge Barrero e Fernando Cueto.

RGC COVADONGA:  Diéguez González, Álvarez Cortamil, González Secades, Rodríguez Arguelles, Sánchez Álvarez, Rodríguez Prendes, Santos de Blas, Hernández Arades, Lorenzana Estepara, Pérez Pando, Imargues Toraño, Martínez alonso, Estevez Bonillo y Martín Alonso.

CV ZALAETA: Patri Santos, Lidia Gudge, Alba Quirós, Enma Ordoñez, Paula Lema, Laura Vázquez, Tania Cobos, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez y Noa Sánchez.

Comezou ben o Grupo sen dar opción ás visitantes que  tardaron en atoparse no partido nunha primeira toma de contacto complicada, e aínda que melloraron no segundo set, enseguida atopáronse cun 2-0 moi difícil de superar. A pesar diso o afán de superación fixo que as coruñesas fosen de menos a máis e realizaron un terceiro set moi bo no que se impuxeron claramente ás xixonesas, o que nos fixo pensar no empate coa mellora de xogo presenciada, pero o cuarto non se presentou ben, comezaron as de Saúl Pérez cun parcial de 6-0 que marcou o devir do set e aínda que o Zalaeta tentouno, logrou recortar diferenzas, e cun 17-13 no marcador parecía ser capaz de alcanzar ao rival, pero unha serie de imprecisións que denotaban falta de seguridade e de concentración, motivaron que o Grupo mantivese a renda de puntos para facerse co set e o partido.
 Tarde de debuts para ou equipo coruñés que se desprazou con moitas caras novas para comezar esta tempada, catro xuvenís e unha cadete, Enma Ordoñez, a boirense procedente do CAEP xa coñece a categoría, pero debuta en partido oficial co CV Zalaeta, e o resto, Lidia, Inés, Elisa e a cadete Laura, estréanse na categoría.
  Non se realizou un gran partido, os nervios mandaron, pero si se viron bos momentos e bo ambiente na cancha, o que nos fai ser optimistas e darlles o tempo que necesitan para adaptarse e tomar o ritmo de competición, sefguro que nos sorprenderán.
  Miriam Diéguez foi a máxima anotadora do partido con 23 puntos, 6 aces, seguida da central Cristina Imargues con 20 puntos, 18 ataques. Por Zalaeta, Alba Quirós con 18 puntos, 17 ataques, e Inés Rivas con 12 puntos, 4 aces e 3 bloqueos, foron a máximas anotadoras das visitante. 
  Deste modo, Inés Rivas no seu debut pasa a integrar o Sete Ideal da xornada e Alba Quirós como segunda mellor oposta.   Parabéns!
Primeiro partido de tempada 2016/17 cun equipo moi rexuvenecido na casa dun dos equipos favoritos a pelexar pola parte nobre da clasificación. 
O partido non empezou ben, a estrea na categoría para algunhas das integrantes véuselles encima e os nervios e imprecisións foron latentes no primeiro set, que se nos fixo costa arriba moi pronto debido á intensidade no saque da súa colocadora, un refacho de 8 saques consecutivos que puxo terra polo medio moi pronto na nosa contra, a pesar diso rematou o set cunhas sensacións boas a medida que as nosas ían perdendo o medo á estrea. No segundo set aguantamos ben ata o punto 18, onde outra vez unha decisión cuestionable na nosa contra e un refacho de saque dunha das súas receptoras fainos insalvable a distancia. O terceiro set, o máis serio pola nosa banda, seguindo a tendencia do segundo, apertamos máis desde a liña de 9 metros, co que dificultamos a súa construción de xogo, principalmente os primeiros tempos que era o que máis dano estaba a facernos. No cuarto set un mal inicio, 6-0 condenounos, e a pesar de recortar esa distancia a un par de puntos, levaron as Grupistas o set e o partido.
Moi boas sensacións neste inicio de liga, o que nos indica que estamos no camiño correcto pero que aínda queda moito por facer, esperemos que este grupo tan novo non tarde en darnos alegrías pero para iso será imprescindible o compromiso e o esforzo que están a demostrar.
  
Fernando Cueto.