/CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL, 2ª FASE

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL, 2ª FASE

  Finalizada a primeira fase na que o CV Zaleta enfrontouse no seu último partido co Nou Gran Sol Manacor pasamos á seguinte fase encadrados no segundo grupo para xogar os postos do 13 ao 24.
  O partido ante as manacorís resultou clave, neste enfrontamento o equipo perdedor pasaba a ocupar a terceira praza do grupo A e por tanto quedaba sen opción de clasificarse entre os mellores. Xa neste encontro causa baixa  para o resto do campionato a oposta Paula Castro.
  E non foi posible, os nervios e unha mala mañá non permitiron ás do Instituto realizar un bo partido e foron batidas polas rivais que se adxudicaron a segunda praza cun resultado de 3-0 con parciais 25-19; 25-17 e 25-13, nun partido no que as coruñesas foron de máis a menos e con iso tamén se foi a ilusión da segunda praza de grupo.

 

  A partir de aquí quedamos encadrados no grupo 5 da segunda fase con UCAM Murcia e CV Torrelavega, grupo complicado e no que ao final se produce un triplo empate que a de resolverse por diferenza de puntos, no que os resultados de cada parcial son clave.
  O primeiro partido xógase o venres ás 12:00 ante o UCAM, que vén de perder o seu encontro co Torrelavega por 3-1 o día anterior, e está decidido a non regalar nada.
  Partido moi disputado no Amaya Valdemoro que comeza co set claramente a favor das coruñesas, o que facía concibir ilusión, pero no segundo as murcianas danlle a volta ao marcador e poñen o 1-1. Gran igualdade no terceiro que se resolve máis aló do límite tamén a favor do UCAM e no cuarto o Zalaeta non é capaz de remontar e cede o partido cun resultado de 1-3 con parciais 25-16; 10-25; 25-27 e 16-25.
  Quedaba o partido da tarde ante as cántabras, para xogarse o todo polo todo, así son os campionatos, nada que ver coa competición regular, un mal momento pode xogarche unha mala pasada e relegarche na clasificación.
  Ás 20:00 comezaba o partido no mesmo escenario que o da mañá, os dous equipos decididos, o Torrelavega xogábase a cabeza do grupo, e Zalaeta o ser ou non ser.
  Disputan un encontro de infarto, peléxanse todos os puntos, non se regala nada, poucos erros e ademais os mesmos por cada equipo. Primeiro set para Zalaeta, segundo, empatan as cántabras, terceiro remontan as do Instituto para gañar o partido no cuarto, o máis longo e disputado. Vitoria coruñesa por 1-3 con parciais 24-26; 25-22; 22-25 e 27-29, 98-102 no cómputo total.

   Prodúcese deste xeito un triplo empate, un partido gañado cada equipo, 4 sets a favor e 4 en contra. Deciden a diferenza de puntos, e esta situación non favorece ao Zalaeta que queda en terceiro lugar, que o cruza co Xátiva Voleibol, terceiro clasificado do grupo 8, co que se xogarán os postos do 21 ao 24 a partir desta mañá de sábado ás 13:00.