/FINAL DO CAMPIONATO GALEGO XUVENIL 2016.

FINAL DO CAMPIONATO GALEGO XUVENIL 2016.

 Celebrábase o domingo a fase final do Campionato Galego  Xuvenil tanto masculino como feminino en Ourense, organizado polos clubs VoleyOurense e BurgasVolei, no que se proclamaron campións en categoría feminina, o EMEVE de Lugo, e en masculina o Dumbría Voleibol.
Claudia Carreja, Paula Castro, Ana Verao, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Paula Lema, Noemí Vázquez, Tania Cobos, María Martínez, María Romero, Valentina Dorta, Laura Vázquez, Raquel Rey, Nerea Tabeayo, Paula Rey e Ana Calvo.
   Nunha intensa xornada deportiva na que pola mañá se disputaron as semifinais e pola tarde as finais, viviuse unha autentica festa do volei para goce de todos o público que se deu cita no Paco Paz da cidade das Burgas.
  O CV Zalaeta enfrontábase en primeiro lugar ao VoleyOurense nun partido de prognóstico incerto que comezaba ás 10:00, e que ofrecía ao vencedor o paso á final e unha das dúas prazas para o Campionato de España que ningún dos dous contendentes querían deixar escapar. E o prognóstico funcionou, houbo que esperar ao quinto set para coñecer o equipo gañador, nun partido complicado no que ningún dos dous equipos renunciaba á vitoria. Moi axustados e moi disputados os sets, alternancia no marcador para chegar ao tie break que se resolveu cun 13-15 finalmente favorable ás coruñesas.
 Os nervios fixeron acto de presenza no partido, ambos os contendentes xogábanse o final de tempada. Comeza o Ourense por encima no marcador, pero pronto remontan as visitantes que se fan co primeiro set, o segundo, mais disputado ceden as coruñesas nun axustado marcador para remontar de novo no terceiro  e perder o cuarto no que as locais forzan o tie break.
  Este túa miña que parecía o partido tivo continuidade no set do desempate, cun comezo irresistible o Zalaeta, 1-5, parecía que se impoñería con facilidade, pero cun marcador de 4-11, pareceu atascarse e deixou que o Ourense se atrevése a disputarlle o marcador que finalmente foi para as do instituto.
  A tensión era patente, nervios en ambos os dous contendentes, erros e faltas, pero a  pesar diso, cada equipo foi fiel a si mesmo, a boa defensa do VoleyOurense non foi suficiente nesta ocasión para frear o ataque do Zalaeta, que coa vitoria levou a praza en xogo para o Campionato de España Xuvenil de Alcobendas 2016.
 
 VoleyOurense – CV Zalaeta  1- 3  (19-25; 26-24; 17-25; 25-22 e 13-15).

  Mentres tanto, xogábase a outra semifinal entre o Xuvenil Teis e o EMEVE, que se saldaba con vitoria das lucenses por 3-0, con parciais 25-19; 26-24 e 29-27. Partido moi igualado como se pode apreciar no marcador, a pesar do resultado, no que as de José Valle levaron un triunfo que non resultou nada fácil.

  Pola tarde xogábanse as finais nas que se enfrontaban, polo terceiro e cuarto posto, Xuvenil Teis e VoleyOurense no que se impoñían as de Teis por 3-0 con parciais: 25-20; 25-19 e 25-20.

  A continuación xogábase a final entre EMEVE e o CV Zalaeta no que se impoñían as lucenses cun resultado claro de 3-0 con parciais 25-16; 25-23 e 25-16.
  O equipo de Tania Cobos acusou os cinco sets da mañá e non foi capaz de recuperarse para esta final, custoulle entrar no partido e cando o fixo, xa tiña un set en contra. O segundo foi máis igualado, as coruñesas tentárono, xogaron ben, pero un EMEVE ben situado non lle permitiu o empate. O terceiro un calco do primeiro, o Zalaeta veuse abaixo, cometeu moitos erros e ata contaxiou da súa apatía ao equipo de José Valle, que fixo o xusto para non deixar ir o set e o partido e proclamarse unha vez máis brillante Campión Galego, coa xogadora da canteira lucense Lucía Prol, destacada como Mellor Xogadora do Campionato.

               EMEVE – CV Zalaeta   3-0   (25-16; 25-23 e 25-16)

  Parabéns ás campioas!!