/RESULTADOS DA LIGAS GALEGAS

RESULTADOS DA LIGAS GALEGAS

  O domingo recibiamos a visita do EMEVE para disputar dous encontros correspondentes á xornada nº 17. Ás 16:30 no pavillón do instituto xogábase o partido de 1ª División  Senior entre o Autos Cancela Zalaeta e o Mel-Fror EMEVE, que dirixido polo colexiado M. Folgar e cunha duración de 01h 52m, finalizou cun resultado de 3-2 e parciais: 25-20; 25-20; 23-25; 24-26 e 15-5.
  Nun disputado encontro, todos os sets moi axustados, excepto o quinto, no que o Zalaeta impúxose con soltura ao EMEVE, o equipo local retivo os puntos en xogo que lle permiten manter a terceira posición da táboa con folgura sen abafos. Saben que non poderán alcanzar ao segundo clasificado na última xornada de liga, pero que tampouco a súa praza corre perigo na próxima xornada ante o Calasancias Coruña.
  Por Zalaeta foron convocadas: Sara Amarelle, Marina Albaiceta, Paula Rey, Xiana Rivas, Noemí Vázquez, Valentina Dorta, Ana Calvo, Raquel Rey, Nerea Tabeayo, Ana Verao, María Romero e Inés Rivas.
  Ás 18:15 comezaba o partido de 1ª División Xuvenil entre os mesmos equipos, que cunha duración de 01h 16m e dirixido polo colexiado FL Barrallo, finalizou cun resultado de 0-3 con parciais: 17-25; 20-25 e 13-25.
Derrota sen paliativos do Autos Cancela Zalaeta que non realizou un bo partido, con moitos erros, regalou puntos a un rival que fixo o seu partido moi  ordenado e cun bo ataque. O EMEVE  controlou sempre o xogo das coruñesas que soamente realizaron un segundo set ao nivel das rivais. Con este resultado o Zalaeta queda na 5ª posición o que lle permite entrar no play off polo título. O próximo partido ante o Calasancias Coruña a domicilio.
  Polo Zalaeta foron convocadas: Raquel Rey, Paula Lema, Marina Albaiceta, Inés Rivas, Ana Verao, Nerea Tabeayo,  Ana Calvo, Valentina Dorta, Laura Vázquez, Paula Castro, Paula Rey e Claudia Carreja.

   
   Pola súa banda o equipo alevín continúa coa súa liga en Monte dás Moas, onde esta fin de semana enfrontáronse no seu segundo partido contra o Calasancias B ante o que lograron unha traballada vitoria por 2-1 segundo cóntanos a súa adestradora Patricia“Foi un partido axustado e a pesar dun mal primeiro set conseguimos gañar os dous seguintes, o último remontando e alcanzando o 16-14 que nos daba a segunda vitoria da tempada” 
  Por Zalaeta participaron as seguintes xogadoras:   Andrea Alonso, Natalia, Andrea González, Daniela, Lucía Alvedro, Inés, Stefani e Vitoria.

   O vindeiro sábado 20 de febreiro, seguinte partido, terceiro, da liga alevín, á vez que dará comezo a liga benxamín na que tamén participará un equipo do Zalaeta.

  Esperamos seguir con esta boa serie e continuar aprendendo cada día.