/DERROTA DO FISIOMÁSZALAETA NO DERBY ANTE O EMEVE: 3-2

DERROTA DO FISIOMÁSZALAETA NO DERBY ANTE O EMEVE: 3-2


  Repítese o resultado do
partido da primeira volta ante as lucenses, nun partido que as de
Barrero tiveron na man e que finalmente non souberon decidir.

     O partido celebrado no Municipal de Lugo, comezou ás 20:00 dirixido polo colexiado Xusto Olea e tivo unha duración de 2 horas para finalizar cun resultado de 3-2 con parciais 25-18; 24-26; 21-25; 26-24 e 15-13.

EMEVE: Laura Cuadros, Julia Paradela, Paula Lorenzo, Irene Yañez, Laura Villasante, M. Fé Pena, Raquel Egea, Aitana Fernández, Alejandra Gancedo, Lucía Prol e Carmen Saa.
Adestradores, José Valle e Fátima Valle.
 
FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Elisa Álvarez, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Paula Castro, Andrea Fiel, Olalla García, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Rocío Durán, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.
 
  Comeza o partido e as lucenses adiántanse, 8-4 no primeiro parcial, ante un Zalaeta que daba a sensación de estar ausente, e esa é a tónica do primeiro set, as de Valle poñen o 1-0 con suma facilidade ante un rival ao que lle custa empezar a xogar, e non é ata o segundo set cando as de Coruña logran igualar no marcador ao EMEVE cun 9-9. A partir deste momento, o partido ten cor visitante, o Zalaeta só pasa apuros ao pechar o segundo set, pero móstrase superior ao cadro de Valle e domina o partido con eficiencia e en ningún momento  se déixa dominar.
  Co 1-2 no marcador entramos no cuarto, no que parece que o cansazo afecta ás visitantes que van todo o set  por detrás, ata que unha boa reacción failles superar un 21-17,  adiántanse e parece que se fan co control do partido cando un fallo de saque cede punto para o rival que aproveita a ocasión, non comete erros e faise co set e forza o tie break.
  Cun EMEVE recuperado e con confianza en si mesmo, o quinto set é o reflexo do partido, parece que o Zalaeta pode superar ás lucenses, pero os erros lastran o seu xogo e ceden o partido ante un equipo que tivo máis serenidade e confianza nas súas posibilidades.
  Con 27 puntos, Lucía Prol, do EMEVE, máxima anotadora do encontro, seguida de Laura Villasante con 14. Por parte do Zalaeta, Alba Quirós con 17 puntos foi a máxima anotadora seguida de Rocío Durán con 16, e boa actuación de Andrea Rivas con 13 puntos e 8 de bloqueo.
  Os erros en saque lastraron o xogo do Zalaeta que cometeu 19 fallos ante só 6 do EMEVE, que ademais realizou 11 Aces.


  Cuarto tie break consecutivo neste ano 2016, outro punto máis que sumamos en Lugo, esta vez o primeiro lonxe do Barrio, pero que puideron ser 3 se conseguísemos controlar os nosos erros non forzados, sobre todo desde a liña de 9 metros, que este ano nos está dando máis penas que alegrías.
  O partido empezou lento e sen ritmo, un primeiro set que en canto a xogo foi o peor dos 5 disputados, nos que o EMEVE dedicouse a un xogo sinxelo, pero que lle deu resultado para levar a primeira manga. A partir de aí o noso xogo mellorou, pero os erros condénannos a sufrir moito máis do necesario para levarnos os dous seguintes sets.            

  Deixando ao carón o saque, tivemos refachos de xogo nos que acumulamos moitos erros de ataque, no cuarto set temos 2 bolas de partido, nas cales lles damos o primeiro cambio cun fallo de saque, sendo este set é o que máis claramente nos lástra, xa que é o set no que máis fallo acumulamos: 7 de saque e 6 de ataque co que lle sumamos a EMEVE 13 puntos, e a pesar diso tivemos opcións de levarnos o set. Isto mostra tamén que a parte de xogo segue cos síntomas positivos nesta segunda volta, pero que aínda nos queda traballo por facer nalgunhas facetas.
  Esta semana tocará poñerse ben as pilas e buscar un extra de concentración e esforzo para afrontar o partido que pecha a liga na casa, un partido contra o GRUPO Covadonga de Xixón, equipo co que nos últimos enfrontamentos víronse partidos moi igualados e moi vistosos, e queremos acabar da mellor maneira posible ante a nosa afección: cunha vitoria. 

Fernando Cueto.

TAGS: