/RESULTADOS DAS LIGAS AUTONOMICAS.

RESULTADOS DAS LIGAS AUTONOMICAS.


  O partido de Infantís de 1ª división xogado o venres no Pavillón do Instituto CV Zalaeta  Vs  Liceo finalizou cun resultado de 1-3 con parciais 17-25; 13-25; 25-14 e 20-25.
  O equipo infantil xogou de novo o sábado tamén no Instituto , esta vez ante o VoleyOurense logrando nesta ocasión a vitoria cun resultado de 3-0 con parciais 25-15; 25-12 e 25-23.
  Con estes resultados o equipo do Instituto escala posicións na táboa situándose en 6ª posición nun triplo empate a 18 puntos no que as xogadoras de Cristina saen beneficiadas ao ter maior nº de sets ganandos. A próxima semana partido clave, enfrontamento con As Mariñas de Oleiros, un dos implicados no empate.

  Continuando cos enfrontamentos con Ourense, as cadetes de 2ª división do CV Zalaeta xogaban co CVO Perico Heidelberg Peluqueros, no Barrio das Flores nun dos partidos previos ao de SF2, no que obtivo a vitoria nun disputado partido no que foi necesario xogar o desempate no quinto set. O resultado: 3-2 con parciais: 12-25; 13-25; 25-13; 25-13 e 15-11. Deste xeito ambos os equipos encabezan a clasificación cun empate  27 puntos.

  No Barrio tamén xogaban os equipos de 1ª división senior Autos Cancela Zalaeta e o Caldaria VoleyOurense, nun partido no que a vitoria foi para as visitantes cun resultado de 1-3 con parciais: 23-25; 16-25; 25-20 e 14-25. Con este resultado o Zalaeta ve perigar a terceira posición á espera da próxima xornada na que se enfronta ao AD Xiria.

   Outra derrota tamén a mans do Caldaria VoleyOurense foi a que cultivou pola mañá o Autos Cancela Zalaeta de 1ª división xuvenil no Pavillón do Insituto no que perdeu ante as ourensás por 1-3 con parciais 17-25; 22-25; 25-21 e 18-25. Provisionalmente mantén a cuarta posición nun triplo empate a 22 puntos nunha clasificación na que non todos os equipos contan co mesmo nº de partido disputados.
TAGS: