/RESULTADOS FISIOMÁSZALAETA 3 XUVENIL TEIS 0

RESULTADOS FISIOMÁSZALAETA 3 XUVENIL TEIS 0

    SF2

  Vitoria local no derby celebrado hoxe no Barrio da Flores no que o FisiomásZalaeta impúxose ao Xuvenil Teis por 3-0.


  Ás 19:00 comezaba o partido dirixido polos colexiados P. Pidal e A. Suarez, que finalizaba despois de 01h 13m cun resultado de 3-0 con parciais: 25-16; 25-15 e 25-14.

FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Cristina García, sofía Hidalgo, Alba Quirós, Paula Castro, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Rocío Durán e Noa Sánchez. Adestradores J. Barrero e F. Cueto.

XUVENIL TEIS:  Alicia González, Noemí Araujo, Carla Figueroa, Carolina Sabido, Laura Martínez, Alma Vázquez, Sara Urrea, Eva Lois, Ania González, Xulia Larrán e Rosana Conde. Adestrador Celso Veloso.

  Obxectivo conseguido, os tres puntos en xogo no derby de SF2 quedan en casa e péchase a primeira volta con vitoria nun partido no que o Zalaeta mostrouse superior ao Xuvenil.
  Un primeiro set que comezou igualado, os dous equipos buscaban a vitoria, foi a clave do encontro, cun marcador 12-10 produciuse a lesión da xogadora Xulia Larrán colocadora visitante que obrigou a Veloso a realizar un cambio dando entrada á súa xogadora Laura Martínez nun momento no que o Teis perdeu a concentración e deixou irse no marcador ao Zalaeta que puxo o 1-0.
  O segundo e terceiro set foron iguais, as de Barrero non deron tregua a un rival que non foi capaz de entrar no partido. A pesar de cometer erros, as locais mostráronse moi efectivas no saque dificultando a recepción do Xuvenil ao que lle custaba saír en ataque mentres que o Zalaeta asinaba un  das súas mellores porcentaxes de ataque da liga e finalmente facíase sen dificultade coa vitoria.
  Recuperáronse todas as xogadoras lesionadas, con excepción de Irene Vázquez, sendo curiosamente, as recuperadas as que mellor rendemento achegaron, Chey Arias con 12 puntos, 5 Aces, foi a máxima anotadora do encontro seguida de Rocío Durán con 11 puntos e un 60% de efectividade. Polo Teis, Sara Urrea con 6 puntos, 3 Aces, foi a máxima anotadora.
 
  Vitoria sen sobresaltos no partido de hoxe, un duelo galego contra o Xuvenil Teis de Vigo, outro dos veteranos da categoría, un partido quizá máis cómodo do normal, debido á temperá lesión da colocadora das olívicas. Partido controlado desde o principio ata o final aínda que non foi o mellor do ano das nosas. A pesar da vitoria, moito fallo de saque, démoslles 16 puntos, a un equipo ao que lle estaba custando moito saír e rompernos o saque. A maior diferenza produciuse no ataque, cun 35% de eficacia pola nosa banda, unha cifra que andamos roldando sempre nos partidos nos que temos opcións de facernos coa vitoria. Na parcela anotadora, as máis sobresalientes foron Rocío e Sheyla, como máximas anotadoras pola nosa banda. Este era o último encontro da primeira volta a cal a pechamos cun balance de 3 vitorias e 5 derrotas con 10 puntos no marcador. A nota máis positiva desde o meu punto de vista é que a todos os equipos puidémoslles competir e mesmo das canchas máis difíciles da liga rabuñamos polo menos 1 set, o que nos indica que con traballo podemos facer unha segunda volta competitiva.    Agora a pensar no próximo partido ante a Curtidora para tratar de pechar o ano cunha vitoria e bo sabor de boca. No Barrio volverémonos a ver o día 16 de Xaneiro cando xogaremos contra Torrelavega. 

F. Cueto

TAGS: