/RGC COVADONGA 3 FISIOMÁSZALAETA 1

RGC COVADONGA 3 FISIOMÁSZALAETA 1

  Partido correspondente á 6ª Xornada xogado no Braulio García, dirixido polo colexiado D. Gálvez e que cunha duración de 01h 49m, finalizou cun resultado de 3-1 con parciais: 30-28; 28-30; 26-24 e 25-14. Adestradores, local Saúl Pérez e visitante Jorge Barrero.


RGC COVADONGA: Miriam Diéguez, Cecilia González, Paula Sánchez, Marta Rodríguez, Sarai Delgado, Alba Hernández, Andrea Lorenzana, Lucía Álvarez, Cristina Chamoso, Thalia Estévez, Teresa Martínez e María Martín.

FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Alba Quirós, Paula Castro, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Rocío Durán, Paula Lema, Susana Suarez e Noa Sánchez.
  Nova derrota do cadro coruñés esta vez ante o Grupo, rival directo e vello coñecido de SF2, ao que a tempada pasada gañáronselle os dous encontros disputados, pero que esta tempada impúxose nun difícil partido que soubo finalizar cando se lle presento a oportunidade.
  Xogáronse tres primeiros sets de gran intensidade nos que o Zalaeta sempre foi a remolque das xixonesas aínda que con pequenas diferenzas, que lle facían remontar sempre na parte final do set, logrando impoñerse soamente nun deles, e sempre con puntuacións por encima do límite. Cun 2-1 chegamos a cuarto set no que o Zalaeta desaparece, encaixa unha parcial inicial de 8-2 que se converte en 16-6 e fai da remontada cousa imposible, deixando que o Grupo pechase o partido cun resultado final de 3-1, no que o seu ataque polas ás marcou a diferenza.
  A eficiencia anotadora das locais púxose de manifesto nos 33 puntos da súa receptora Chamoso, 28 deles de ataque cun 47% de acerto que a converten na artilleira do encontro, seguida de Lorenzana con 14.
  Por parte das do Instituto, Andrea Rivas foi a máxima anotadora con 19 puntos, 14 de ataque cun 58% de acerto, seguida de Chey con 11 puntos. Olalla ben ao saque, sen erros e 4 ACES.
………………………………………………………………………………………………………….
  Interesante partido o disputado hoxe en Xixón entre dous equipos que nos afixeron a grandes partidos as últimas tempadas. A pesar diso derrota 3-1, cos 3 primeiros sets axustadísimos e os tres cumprindo o mesmo patrón.
  Comeza moi ben o Grupo, mandando no marcador e aproveitando a súa superioridade no ataque polas ás ante un Zalaeta que tentaba saír con ataque de primeiro tempo para contrarrestar o xogo do rival. Xixón márchase no marcador e Zalaeta reacciona, en todos os marcadores parciais que reflicte a estatística imos por abaixo, nese momento, que imos uns 6 puntos por baixo, reaccionamos e igualamos o set, pero perdemos o primeiro cun axustado 30-28.  Esa é a tónica dos tres primeiros, e temos bola de set en 2 deles, onde pequenos detalle deciden que o set caia ao lado local.
  O único set no que houbo diferenza foi o 4º set onde pagamos psicoloxicamente a derrota no terceiro e entramos mal, sendo imposible a remontada. Destacar que foi un partido onde xogamos con 11 das 12 xogadoras que se desprazaron, achegando cada unha das que foron entrando no terreo de xogo, logrando así as remontadas e dando reforzo ao equipo. 

Fernando Cueto.

 





TAGS: