FISIOMÁSZALETA: Patricia Santos, Cristina G. Bermejo, Alba Quirós, Paula Castro, Irene Vázquez, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Rocío Durán e Noa Sánchez.
EMEVE: Laura Cuadros, Julia Paradela, Paula Lorenzo, Irene Yáñez, Laura Villasante, María Fé Pena, Andrea Barrasa, Raquel Egea, Aitana Fernández, Alejandra Gancedo, Lucía Prol e Carmen Saa.
Vitoria visitante no emocionante derby vivido onte no Barrio das Flores. As coruñesas tiveron un incio de partido inseguro, falto de concentración que lles fixo cometer numerosos erros, e que o equipo de Valle soubo aproveitar para cobrar vantaxe cunha parcial inicial de 4-8 que lles facilitou o tránsito por este set para poñer o 0-1 a pesar da reacción do Zalaeta na parte final na que o tentou, pero só aproximouse no marcador. O segundo set foi un calco do primeiro, pero cos papeis cambiados, as de Barrero reaccionan, acomódanse á pista e vanse no marcador curiosamente cos mesmos parciais que no anterior foise o EMEVE, e soben ao marcador o 1-1.
Así chegamos ao terceiro e ao cuarto set, con alternancia no marcador e moita emoción nas bancadas na que o público estaba a gozar dun encontro moi disputado. Un cuarto set, o mellor das locais, no que conseguen o empate para decidilo no tie break.
De novo dúbidas nas filas do FisiomásZalaeta no quinto, dan unha vantaxe ás lucenses de 4-10, que se converte en insuperable, e as pupilas de Barrero ceden a súa imbatibilidade como locais despois de máis dun ano sen perder na súa casa.
Gran partido este primeiro derby do ano, “dos que fan afección, dinos J. Valle, as nosas xogadoras saíron moi concentradas, estaban moi motivadas neste encontro coa gran rivalidade que existe entre ambos os equipos e xogamos un partido sen fisuras, sabendo aproveitar as debilidades do rival, levámonos dous puntos desta difícil cancha de gran valor para nós”.
Bo partido das xogadoras lucenses que en todo momento creron nas súas posibilidades, e que tiveron en Laura Villasante a súa máxima anotadora con 23 puntos seguida de Irene Yáñez con 14, que callou unha gran actuación.
Para Jorge Barrero o problema “estivo na nosa irregularidade, non fomos capaces de manter a intensidade que requiría o rival, do mesmo xeito que en partidos anteriores, despregamos moi bos momentos de xogo pero fáltanos decidir para facernos cos puntos ao final”.
Por parte do Zalaeta, destacar a actuación da oposta Alba Quirós que unha vez máis volve ser a máxima artilleira con 19 puntos e moi ben no saque, co que realizou nada menos que 7 puntos directos; seguida da central Andrea Rivas, con 13 puntos e a respectable marca de 6 deles de bloqueo.
E despois de máis dun ano caemos derrotados no Pavillón do Barrio das Flores, cunha marca de 11 encontros seguidos sumando, 33 puntos no noso feudo, chegou o partido de hoxe contra o EMEVE, un equipo novo pero moi ordenado que conseguiu facerse coa vitoria no tie break grazas á súa constancia e á súa orde.
Un partido no que de conseguir ser máis regulares, poderiamos gañar seguramente. Esa irregularidade foi a que nos condenou, xa que non fomos capaces no primeiro set de aproveitar o refacho que tivo Alba no saque e que é un exemplo do que nos pasou todo o encontro, cada vez que nos poñiamos por diante no marcador baixabamos o ritmo e Lugo superábanos rapidamente e non eramos capaces de reaccionar.
O set no que máis continuidade que tivemos, o cuarto, dun parcial de 4-10, conseguimos remontar e gañalo con clara vantaxe ao final, o que realmente mostra o potencial que podemos ter, pero que por certas circunstancias este ano estanos custando máis alcanzar.
Unha vez máis e a pesar de que é a terceira derrota consecutiva, podemos apreciar que non houbo ata agora ningún rival que nos gañe con facilidade, o que tamén nos ten que mostrar que mellorando un pouco o noso traballo diario, podémonos levantar moito máis arriba na clasificación.
Fernando Cueto.
………………………………………………………………………………………………………………..
LIGAS GALEGAS
Curiosos resultados os obtidos polos equipos do CV Zalaeta en todos os seus encontros disputados o fin de semana nas diferentes categorías, xogando ao límite en todas as canchas.
1ª Div Senior, 1ª Div Xuvenil e 2ª Div Cadete, desprazábanse a Ourense para medirse co CV Ourense nos partidos correspondentes á quinta xornada de competición oficial solucionándose todos con idéntico resultado. Foi esta a xornada do 3-2 en todas as categorías.
1ª División Senior
Caldaria VoleyOurense 3 Autos Cancela Zalaeta 2 (25-16; 25-13; 15-25; 21-25 e 15-7)
1ª División Xuvenil
MGS VoleyOurense 3 Autos Cancela Zalaeta 2 (23-25; 21-25; 25-15; 29-27 e 15-7)
2ª División Cadete
CVO Tito Heidelberg Peluqueros 3 CV Zalaeta 2 (25-21; 14-25; 25-17; 22-25 e 15-13)
Da mesma forma resolveuse o derby local de infantís que enfrontou ao Liceo co equipo do Instituto, no que se impuxeron as colexiais o venres pola tarde na cancha do Liceo:
1ª División Infantíl
Liceo 3 CV Zalaeta 2 (25-15; 24-26; 21-25; 25-15 e 15-1)