/3ª XORNADA SF2: CV TORRELAVEGA 3 FISIOMÁSZALAETA 1

3ª XORNADA SF2: CV TORRELAVEGA 3 FISIOMÁSZALAETA 1

  Ás 18:00 comezaba en La Habana Vieja  o encontro correspondente á 3ª xornada de SF2, que dirixido polo colexiado Rubén Sánchez finalizou en 01h 30m cun resultado de 3-1 con parciais: 17-25; 25-13; 25-13 e 25-22. Adestradores, local Alex Río  e visitante Jorge Barrero.

CV TORRELAVEGA: María Segovia, Ana González, Alba Salazar, Aída Illerías, Ángela Becerril, Cristina Sanz, Noelia Neila, Lida Dacuiña, Susana García, Laura Soto, Isabel Egusquiza e Cristina Hermosa.


FISIOMÁSZALAETAPatricia Santos, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Paula Castro, Irene Vázquez, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheyla Arias, Teresa Álvarez, Susana Suárez e Noa Sánchez.

  Vitoria local nun partido no que a coruñesas tiveron as súas opcións de impoñerse ao Torrelavega. Comezaron as pupilas de Barrero cun primeiro gran set, no que o saque e o ataque foron acertados e deron os seus froitos, e cun cómodo marcador puxeron o 0-1 que poñía en apertos ao Torrelavega na súa cancha. Pero pronto cambiou o ton do partido, ao Torrelavega que lle custaba entrar no encontro, meteuse de cheo no segundo set á vez que o Zalaeta diluíase nos seus propios erros e non foi rival ao nivel do anterior. No terceiro set continúa a mesma tónica, acerto e bo xogo local impóñense á apatía das galegas que non se atopan a gusto na cancha, para chegar ao cuarto no que se xogan o ser ou non ser e prodúcese a reacción visitante. As de Alex Río adiántanse pero son superadas polo Zalaeta mediado o set que parecen decididas a poñer o empate no marcador, pero nos puntos finais o acerto individual de Cristina Sanz desequilibra o xogo visitante e faise co set in extremis, e con él  tamén os puntos.
  Ángela Becerril do CV Torrelavega con 19 puntos, máxima anotadora do encontro, e por parte das coruñesas, unha vez máis Alba Quirós con 14 puntos seguida de Andrea Rivas con 9. Mencionar o acertado debut na categoría de Susana Suarez Bermúdez de Castro.
  Ben en recepción o FisiomásZalaeta, aínda que se cometeron demasiados erros e fíxose unha baixa porcentaxe en ataque.
  Primeiro partido fóra de casa nun campo moi difícil como é Torrelavega, ante un rival campión de liga o ano pasado, ao que lle chegamos a poñer en serios apuros.
   Empezamos o partido ante un rival que non entro ao 100%, e conseguimos poñernos por diante rapidamente cunha vantaxe cómoda, a cal sabemos administrar ben para poñer o 0-1, a pesar de que non acabamos o set igual de ben como empezamos. O segundo e o terceiro set son moi similares, ante un Torrelavega máis inoperante que outras veces, non somos capaces de coller ritmo de xogo e confianza como para arrebatarlles a segunda e terceira manga. Estivemos moi lastrados polos nosos fallos en saque o cal nos terminou condenando á derrota estes dous sets.
  No cuarto e definitivo entramos mellor, de feito chegamos a ter unha vantaxe de 5 puntos no marcador, tivémolas sempre a remolque ata o punto 21, no cal un par de accións individuais da colocadora cántabra, xunto ao acerto defensivo do equipo local, permítelles gañar un set que dominaramos claramente. Persoalmente quédome co primeiro e cuarto set, nos cales lle demos moitas complicacións a un dos equipos favoritos da liga. Como nota positiva tamén o debut da xogadora formada no Liceo e que leva xa 3 anos connosco Susana Suárez, a cal rendeu notablemente no seu primeiro partido na categoría de prata do voleibol nacional.

F. Cueto.

TAGS: